Mondoñedo, 5 de febreiro, 2026. O Concello de Mondoñedo vén de presentar a programación do Entroido 2026, que se celebrará do 7 ao 21 de febreiro, cun calendario festivo que combina tradición, música e convivencia e que conta coa colaboración do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo e da AC Pasatempo. Veciñanza e visitantes poderán gozar durante dúas semanas dunha oferta pensada para todos os públicos.
A programación arrinca o sábado 7 de febreiro co IV Cocido – Baile O Pasatempo, amenizado polo Dúo EPO-K e o Trío Merengue na Finca San Antonio. As persoas interesadas poden consultar prezos directamente coa organización.
O venres 13 de febreiro celebrarase a tradicional Cea de Comadres no Círculo Recreativo Casino, unha cita xa consolidada no calendario festivo mindoniense. A información sobre prezos deberá solicitarse á entidade organizadora.
O Entroido continúa o martes 17 de febreiro co Baile Infantil no Círculo Recreativo Casino, coa actuación de DJ HH e os seus personaxes fantásticos. O evento está organizado polo Concello e o Casino e contará con entrada libre.
O gran día do Entroido
O momento culminante chegará o sábado 21 de febreiro, día grande do Entroido de Mondoñedo, cunha xornada completa de actividades que terá como prato forte o Gran Desfile do Entroido, dotado con máis de 5.000 euros en premios. O desfile sairá ás 17:30 horas desde o Campo dos Paxariños ata a Praza da Catedral, seguido do baile de disfraces e da entrega de premios na praza do Concello.
A programación do día inclúe:
13:00 h – Animación de comparsas polo centro
14:00 h – Sesión vermú co grupo D´KRISS na praza do Concello
17:30 h – Inicio do desfile no Campo dos Paxariños
20:30 h – Baile de Entroido co grupo D´KRISS na carpa da praza do Concello
22:00 h – Entrega de premios infantís
23:30 h – Continúa a actuación de D´KRISS
01:00 h – Entrega de premios adultos
Para pechar a xornada, o Casino de Mondoñedo organizará un ano máis o seu tradicional Baile de Piñata no Círculo Recreativo Casino. Os prezos deberán consultarse coa entidade organizadora.
O Concello anima á participación activa da cidadanía e convida a vivir un Entroido cheo de cor, humor e espírito festivo nun marco incomparable como é o noso casco histórico.
Bases do entroido en:




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



