O Valadouro, 5 de Febreiro, 2026. Unha vez máis, as veciñas e os veciños do Valadouro atopáronse esta semana coa desagradable sorpresa de quedar sen médicos no centro de saúde, igual que acontecera en abril de 2024. Daquela, tras fortes mobilizacións veciñais, foran cubertas as prazas. Agora, menos de dous anos despois daquela data, a situación volve tristemente ao punto de partida.
Os nacionalistas lembran que este problema xa fora levado ao Parlamento o 17 de abril de 2024 polo deputado mariñao Daniel Castro. “Dada a pouco convincente resposta que nos deran, xa se prevía que a solución ía ser un parche, como está acontecendo na maioría dos centros de saúde da Mariña e do país, que sofren a mesma problemática”, afirma o parlamentario. Castro subliña ademais que xa daquela advertiran de que non se trataba dun feito puntual, senón dunha situación derivada de dúas xubilacións previsibles.
Exixen a cobertura inmediata das prazas
Desde o BNG local reclaman a cobertura inmediata das dúas prazas de medicina e anuncian que levarán o asunto ao vindeiro pleno municipal. Non descartan novas mobilizacións se non se produce unha solución urxente. “Non imos permitir que o PP deixe o Valadouro sen médicos”, afirma o portavoz municipal Eduardo Chao.
Dous senadores, pero faltan dous médicos e dous carteiros
A precariedade na Atención Primaria súmase á situación do servizo de Correos na oficina de Ferreira, que tamén atende Alfoz e onde faltan dous carteiros tras non cubrirse unha xubilación e unha baixa.
Neste sentido, Chao sinala que “sendo unha cuestión moi seria e grave, non deixa de ser sarcástico e unha cruel ironía que no Valadouro falten dous médicos e dous carteiros, pero pola contra haxa dous senadores, tal como dixera un veciño nas mobilizacións de hai dous anos”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



