A Mariña, 5 de febreiro, 2026. O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de iniciar a consulta previa para aprobar as bases que rexerán os concursos de adxudicación dos parques eólicos mariños. Estas bases deberán definir as áreas, a potencia dispoñible, os prazos e os criterios de valoración dos proxectos. As zonas nas que se desenvolverán estas instalacións serán as ZAP (Zonas de Alto Potencial) recollidas nos POEM (Planos de Ordenamento do Espazo Mariño) aprobados en 2023, cinco delas situadas en augas galegas.
Porén, en novembro pasado o Estado puxo tamén en marcha o procedemento de consulta ambiental do segundo ciclo de planificación dos POEM, que deberá estar concluído a finais de 2027. Naquel momento, ADEGA, xunto con outros colectivos ecoloxistas e organizacións sectoriais, advertira das eivas da primeira planificación: non se avaliaban adecuadamente os impactos sobre a pesca artesanal, a paisaxe, os cetáceos ou outros valores ambientais.
Neste novo ciclo, o Ministerio opta por unha revisión profunda da planificación mariña e pretende incorporar criterios que quedaran fóra na primeira versión: zonas de amortecemento de impactos, restauración da biodiversidade, afeccións a caladoiros e áreas de cría, risco de colisión con cetáceos, sumidoiros de carbono, entre outros. Un paso necesario —aínda que insuficiente, segundo ADEGA—, que debería ter ido acompañado dunha planificación específica para as renovables mariñas e non integrada con outros usos nos POEM.
Á vista destes novos criterios, semella lóxico agardar modificacións sensibles nas ZAP fronte ás costas galegas respecto das definidas no primeiro ciclo. Porén, antes de concluír esta revisión, que rematará en decembro de 2027, o Ministerio vén de iniciar os trámites para adxudicar proxectos eólicos nas ZAP vixentes, que poderían —e deberían— ser revisadas segundo o previsto nesta segunda fase.
Para ADEGA, isto supón un grave erro de planificación, motivado pola presión do lobby enerxético e que ademais podería xerar inseguridade xurídica para os propios proxectos. A entidade solicitará ao Ministerio que non convoque ningún concurso ata finalizar a revisión dos POEM. “O contrario sería volver poñer o carro diante dos bois, e xa sabemos como rematou a eólica terrestre en Galiza”, advirten.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



