Para os populares é “incomprensible” que o Goberno central opte por recorrer medidas que estaban a funcionar, especialmente cando “o Estado mantén unha importante débeda en materia de financiamento da dependencia con Galicia, incumprindo o cofinanciamento do 50% establecido na normativa vixente”
Lugo, 16 de febreiro de 2026. O PP de Lugo defenderá na Deputación e no Concello de Lugo, senllas mocións para instar ao Goberno do Estado a retirar de inmediato o recurso de inconstitucionalidade que paraliza parte da Lei galega 5/2024 e, en particular, o Plan de axilización da dependencia e da discapacidade impulsado pola Xunta de Galicia.
Así o anunciou a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo voceiro na Deputación, Antonio Ameijide, e dos deputados autonómicos Cristina Sanz, Jesús Mato e Raquel Arias.
Segundo indicaron os populares “esta decisión do Executivo central supón un freo ás políticas sociais que estaban a dar resposta á cidadanía e que permitiron simplificar trámites administrativos para miles de persoas en situación de dependencia”.
Segundo destacaron dende o PP de Lugo, o plan impulsado pola Xunta posibilitou que máis de 12.600 galegos e galegas visen recoñecido de maneira automática o seu grao de discapacidade desde a súa posta en marcha, evitando trámites innecesarios e reducindo tempos de espera.
Para os populares é “incomprensible” que o Goberno central opte por recorrer medidas que estaban a funcionar, especialmente cando “o Estado mantén unha importante débeda en materia de financiamento da dependencia con Galicia, incumprindo o cofinanciamento do 50% establecido na normativa vixente”.
Este déficit no financiamento está a carrexar unha importante débeda con Galicia, que neste 2026 chegará aos 2.900 millóns de euros. A Xunta demanda para Galicia o mesmo compromiso que o Executivo de Pedro Sánchez ten con outros gobernos autonómicos como o do País Vasco, co que acordou unilateralmente financiar a partes iguais a dependencia (50%-50%), o que na práctica supón xerar dependentes de primeira e dependentes de segunda.
A través desta iniciativa, o PP de Lugo busca que tanto na Deputación como no Concello de Lugo “todos manifestemos o rexeitamento á paralización destas medidas sociais que estaban a funcionar ben, ademais de reclamar respecto polo autogoberno galego e pola capacidade lexislativa da Comunidade Autónoma”.
A iniciativa tamén recolle a necesidade de que o Goberno de España dea prioridade ao benestar das persoas dependentes por riba das disputas competenciais e cumpra coas súas obrigas financeiras neste ámbito.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



