A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, explicou no Pleno extraordinario que a sentenza do Tribunal Supremo non anula os encargos nin impide que se traballe con TRAGSA, xa que xa se lle deu cumprimento á sentenza ao quedar ratificada a compra da acción por parte da administración provincial no Pleno de abril 2022
Lugo, 24 de febreiro de 2026. A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, explicou que a sentenza do Tribunal Supremo non anula os encargos realizados nin impide que a Deputación continúe traballando con TRAGSA, empresa pública estatal que actúa como medio propio da administración provincial. O que sinala, explicou a Deputada, é unha cuestión formal: que a decisión inicial debía ser adoptada polo Pleno e non mediante decreto. Esa circunstancia quedou resolta na sesión plenaria de abril de 2022, cando o Pleno ratificou expresamente a compra da acción e os encargos realizados. Así o explicou nun Pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular. A moción foi rexeitada cos votos en contra do PSdeG e BNG.
Lembrou García Porto que ese acordo plenario foi recorrido polo Partido Popular, pero o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo desestimou integramente o recurso e declarou conforme a dereito a actuación da Deputación. Despois diso, o PP non recorreu esa resolución, polo que a sentenza é firme. “Existe, por tanto, seguridade xurídica sobre a validez do acordo”, afirmou a Deputada.
En relación coa memoria económica, os tribunais tamén deixaron claro que non era obrigatoria neste caso, ao tratarse TRAGSA dunha empresa pública estatal e non dunha sociedade dependente da Deputación.
Ademais, como explicou á entrada do Pleno a Presidenta, ela mesma solicitou informes económicos e xurídicos desde o inicio do mandato para analizar con detalle esta cuestión. “Dende a primeira semana que cheguei expuxéronme todos os conflitos que había enriba da mesa e xa solicitei informes económicos e xurídicos. Non se pode tomar unha decisión sen garantías. Nós queremos traballar coa documentación e sabendo que o que traemos é real e o podemos facer”. Nese sentido, García Porto detallou que a propia Deputación conta cun informe da Asesoría Xurídica.
No que respecta á situación dos traballadores e traballadoras, existe un procedemento aberto no Xulgado do Social nº 1 de Lugo. “É prudente e responsable vir aquí cando dependemos das decisións dos tribunais? Trátase dunha cuestión que debe resolverse no ámbito xudicial correspondente. A Deputación non pode nin debe substituír aos tribunais nin adoptar decisións políticas sobre materias que están pendentes de resolución xudicial”. “Non é responsable xogar coas expectativas dos traballadores”, afirmou.
A Deputación de Lugo reitera que seguirá actuando con rigor, responsabilidade e respecto á legalidade, garantindo a continuidade dos servizos públicos, a estabilidade institucional e a defensa dos intereses da provincia.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



