Madrid, 27 de febreiro, 2026. O senador socialista, César Mogo, asegura que os senadores do PP por Lugo volveron quedar en evidencia tras recibir a resposta oficial a unha pregunta parlamentaria. Segundo o Executivo, a tentativa do PP de vincular un suposto aumento dos accidentes con vítimas ao estado de conservación das estradas é “un invento temerario e irresponsable”.
O Goberno explica que, nos anos 2024 e 2025, ningún accidente con feridos nin vítimas mortais na provincia de Lugo estivo relacionado co estado da vía. Ademais, tampouco se produciu un incremento de sinistros con vítimas na rede estatal galega.
A resposta tamén aclara que, dos 10 falecidos en accidente de tráfico rexistrados en 2025 na provincia de Lugo, só 1 se produciu en estradas de titularidade estatal, un dato que contradí de maneira directa as afirmacións dos senadores populares.
O Executivo desminte igualmente que Lugo sexa a provincia galega onde máis aumentaron os accidentes, cualificando esa afirmación como “falsa e carente de fundamento”.
No documento remitido á Cámara Alta, o Goberno detalla a evolución do investimento en conservación e seguridade viaria na provincia: de 13,56 millóns de euros en 2014 pasouse a 25,39 millóns en 2024, o que supón un incremento do 87,31%.
Segundo a resposta oficial, “a irresponsabilidade coa que actúa o PP chega ao punto de tentar xerar alarma entre a cidadanía cun relato que non se corresponde coa realidade”. O Executivo conclúe que os senadores populares “falan sen documentación, sen prudencia e sen fundamento”, e que “antes de inventar problemas, deberían axudar a resolver os que existen de verdade”.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



