Os concelleiros do PP critican que “a rexedora aproveitara o Pleno para dar un discurso propio de campaña electoral tratando temas que non estaban recollidos na orde do día que tiña como punto único os orzamentos municipais para 2026”
Burela, 3 de marzo de 2026. O PP de Burela critica a actitude “indecente” da señora López Moreno que, segundo consideran, “ensombreceu o Pleno deste luns que estaba destinado a ser un dos máis importantes do ano; xa que, por fin, se levou o presuposto municipal, a segunda vez que sucede en todo o que vai de mandato”.
Os populares tildaron de “insolencia” para co máximo órgano do Concello, o Pleno da Corporación, o feito de que “nos minutos finais da sesión a alcaldesa decidiu, debido ao seu nerviosismo e impotencia, dar un discurso máis propio dunha campaña electoral anticipada”. Os concelleiros do PP apuntan que “tocou diversos temas que nada tiñan que ver cos asuntos recollidos na orde do día cuxo único punto era o orzamento municipal”.
Así mesmo, inciden en que “todos os temas tratados no seu discurso político tiñan un único obxectivo: escusar a súa pésima xestión dos últimos meses en asuntos como, por exemplo, a falta de dilixencia á hora de presentar a Conta Xeral que puxo contra as cordas ao Concello de Burela á hora de recibir subvencións da Xunta” ou “a perda de postos de traballo derivados do obradoiro de emprego polo mesmo motivo”.
O discurso político da alcaldesa tamén se puido deber “a súa mala conciencia”, segundo os populares que consideran que “renega das instantáneas co seu gran valedor político, o señor Tomé”.
“Renega dunha fotografía tratada con Intelixencia Artificial que non pode desviar a atención das múltiples imaxes reais que hai na hemeroteca nas que saen a rexedora burelesa e o señor Tomé”, explica o portavoz.
Dende o Grupo Municipal Popular cre que “a señora López Moreno ten que entender que non todo en política vale. Por exemplo, tratar de burlarse do Pleno da corporación dando un discurso de campaña electoral tocando temas que non forman parte da orde do día para así tratar de victimizarse, unha vez máis, co propósito de desviar a atención da súa lamentable xestión en diversos asuntos nos últimos tempos”.
De feito, as liñas vermellas das que fala a señora López Moreno “as sobrepasa, por exemplo, Lara Méndez, en todos os vídeos que realiza”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



