Ribadeo, 15 de marzo de 2026. Agasalla a Papa con Acisa, é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 12 ao 25 de marzo. Acisa sorteará catro premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo en Ribadavia para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e dous almorzos en Mareta.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña do dia do pai na que imos sortear dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e dous almorzos en Mareta, en Ribadeo. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día do pai, que tamén é o día dos Pepes e das Pepitas”.
Cruzado Iglesias subliñou que “para agasallar nesta data xa saben que poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa súa fidelidade unha vez máis. Para sorprender aos papás, aos Pepes e ás Pepitas na nosa vila atoparán de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento. E na hostalería local poderán celebralo como se merece”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a campaña desenvolverase do 12 ao 25 de marzo no comercio asociado a Acisa Ribadeo. As persoas que durante este período de tempo realicen as súas compras poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo do dia do pai. Vanse repartir 10.000 papeletas nesta campaña, 1.000 máis que o ano pasado. O sorteo será non presencial e terá lugar o día 26 deste mes nas instalacións de Acisa, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado nestes días e os gañadores serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”.
Pérez Prada anima “á nosa veciñanza a celebrar este importante dia. A nosa hostalería conta cunha ampla oferta e con pratos moi orixinais e saborosos para disfrutar destas datas en familia”.
A presidenta de Acisa agradeceu apoio das empresas colaboradoras: “Grazas a Bodegas Docampo e a Mareta, que nos doan estes importantes premios para a campaña do día do pai de Acisa, que se poderán desfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.
A campaña do día do pai, organizada por Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia, foi presentada nas instalacións da asociación ribadense pola presidenta, Carmen Cruzado, e polo xerente, Jesús Pérez.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



