Nota de prensa
ARIAS INAUGURA O ENCONTRO DA EMIGRACIÓN 2010, QUE REÚNE EN BURELA A INMIGRANTES RESIDENTES NA NOSA COMUNIDADE
* A delegada territorial subliña o “exemplo de integración e de interculturalidade” desta poboación mariñá
Lugo, 18 de decembro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, foi a encargada de inaugurar o Encontro da Emigración 2010, que durante a xornada de hoxe reúne en Burela a emigrantes que residen en distintos puntos da nosa comunidade autónoma.
Arias apelou a esta localidade mariñá como “o noso mellor exemplo de integración e de interculturalidade dentro da provincia de Lugo”, polo que resulta “de todo punto lóxico escoller esta ubicación para celebrar un acto de cohesión social como este”.
A delegada sinalou que Burela “conta con segundas e terceiras xeracións de caboverdianos que xa son galegas e galegos. Ademais, peruanos, indonesios e senegaleses levan o nome de Lugo e Burela polos mares do mundo, sumando todos eles máis do 11% da poboación do porto máis importante da Mariña”.
En suma, afirmou, “Burela reflicte a imaxe da Galicia na que hoxe vivimos e traballamos”, unha nova sociedade “na que cada vez ten menos sitio a intolerancia”, afirmou.
A delegada lembrou que o proceso da emigración “tense invertido en moi poucas décadas” e que non debemos esquecer que “a nós a emigración solucionounos gravísimos problemas económicos e sociais”, sendo agora “as xentes doutras latitudes as que ven a Galicia como a súa terra de promisión”.
Nesta xornada de encontro da emigración abordáronse cuestións relativas á inclusión e a cohesión social. As intervencións corresponderon a Ana Pastor, vicepresidenta segunda da Mesa do Congreso dos Deputados, e Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



