Ribadeo, 13 de marzo, 2026. Os peregrinos que fagan o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o servizo de transporte de mochilas e maletas etapa a etapa que ofrece Correos. Desde este luns, día 16, está activo o Paq Mochila nas principais rutas xacobeas de España e Portugal.
Rutas nas que está dispoñible o Paq Mochila
O servizo pode contratarse nas seguintes rutas:
• Camiño Francés: desde Roncesvalles e Somport
• Camiño do Norte: desde Irún
• Camiño Primitivo: desde Oviedo
• Camiño Inglés: desde Ferrol
• Camiño de Inverno: desde Ponferrada
• Vía da Prata – Camiño Sanabrés: desde Ourense
• Camiño a Fisterra e Muxía
• Camiño Portugués: desde Porto, tanto pola ruta Central como pola da Costa, incluída a Variante Espiritual
Correos ampliou o servizo no Camiño Portugués este 2026 debido ao aumento da demanda.
Como funciona o Paq Mochila
O sistema é sinxelo:
• Correos recolle o equipaxe a partir das 8:00 h no aloxamento indicado polo peregrino.
• O envío entrégase antes das 14:30 h no seguinte albergue, hostal ou hotel.
Deste xeito, o peregrino pode facer cada etapa sen cargar peso, levando só o necesario para o día.
A contratación faise mediante un formulario dispoñible en nove idiomas.
Servizos ao chegar a Santiago
Unha vez en Santiago de Compostela, os peregrinos poden usar o servizo de consigna na oficina de Correos da Rúa do Franco, a dous minutos da Praza do Obradoiro.
A consigna está dispoñible todos os días da semana e pódese contratar en liña ou na propia oficina.
Outros servizos para peregrinos
Correos tamén ofrece:
• Envío de bicicletas
• Envío de maletas e paquetes
• Envío de bastóns ou bordóns de regreso á cidade de orixe
Na web El Camino con Correos, o peregrino pode atopar:
• Un buscador con máis de 4.000 aloxamentos
• Descrición das rutas xacobeas máis populares
• Máis de 300 consellos sobre que ver e facer no Camiño























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


