Nota de prensa
ARIAS ANUNCIA EN CERVO UN INVESTIMENTO DE PRETO DE 400.000 EUROS EN LABORES DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS E TRATAMENTOS SILVÍCOLAS NA MARIÑA
* A delegada territorial da Xunta visitou hoxe as obras de repoboación que se levan a cabo no monte A Bidueira, próximo á capital do municipio mariñao
Cervo, 18 de decembro de 2010.- A Consellería de Medio Rural ven de adxudicar contratos para a realización de obras de prevención de incendios e de tratamentos silvícolas no distrito forestal da Mariña por importe global de 394.852 euros.
Así o expuxo a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, durante a visita aos traballos de reforestación que deron comezo nos últimos días nun monte próximo á capitalidade de Cervo, cuxo alcalde, Alfonso Villares, acompañou á representante do Executivo galego durante a revisión das tarefas desenvolvidas. A actuación lévase a cabo no monte A Bidueira, un espazo forestal no que se están a plantar especies autóctonas como castiñeiros, salgueiros ou abeleiras.
Esta iniciativa beneficia a unha área de 5 hectáreas e prima o uso social por parte dos veciños sobre a rendibilidade económica do monte. Na súa execución colabora a Asociación A Bidueira, de Cervo, presidida por José Francisco Rodríguez Mon, quen tamén acompañou á delegada nesta visita.
Arias referiu que na actualidade acométense na Mariña máis de medio cento de proxectos. A meirande parte do investimento, 229.784 euros en concreto, destínase a traballos preventivos contra o lume, centrados especialmente na mellora de devasas e de pistas, tarefas de desbroce e habilitación de depósitos de auga.
No caso concreto do concello de Cervo, intégranse neste capítulo as obras de reforma dunha devasa na parroquia de Rúa, que afectan a 1,90 hectáreas de terreo, e na devasa de San Román (2,10 hectáreas), así como a ubicación do punto de auga -tamén na parroquia de Rúa-, e a mellora de 7 quilómetros da pista da Fraga, que chegará ata o refuxio dos cazadores.
Polo que respecta ás tarefas de repoboación forestal, Medio Rural actuará sobre 79,66 hectáreas dos concellos mariñaos de Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove, traballos aos que destina 141.852 euros.
A consellería utilizará en todo caso especies autóctonas para proceder á repoboación, pinos na maior parte pero tamén bidueiros e carballos. Actuará nos montes de Castelo, Silvarrosa, Lombo do Medio, Padrón, Seixos Albos, Peón, a Serra de Loibán, Costa da Laxa Moura, a Costa de Cebrán e Raso.
Estes labores deron comezo hai algunhas semanas e estenderanse ata o exercicio do 2012, xa que teñen un prazo de execución de 18 meses.
Por último, rematan neste mesmo mes os traballos de tratamentos silvícolas aplicados en montes de Ribadeo e Trabada, nos que se investiron 23.216 euros.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



