Os de Juanma Marrube arrasaron no Guillermo Molina a pesar dun inicio accidentado que se desvanece cun xogo dominante durante os 40 minutos de partido
Burela, 14 de marzo, 2026. O Burela tivo un inicio accidentado neste partido crucial entre dous equipos que loitan por saír do descenso. No minuto 1, Torero marcou en propia porta ao tentar despexar un saque de esquina, pero o conxunto mariñán reaccionou con carácter e acabou asinando unha vitoria brillante a domicilio.
O equipo de David Rial comezou a xerar perigo de inmediato. Raid probouno cun disparo desde a banda tras pase de Pitero, pero o porteiro italiano evitou o empate. No minuto 7, Alberto lanzou unha contra perigosa que Mario Gómez desviou a córner, e Moñino tamén o tentou sen éxito.
No 9, David Señoret executou unha falta directa que detivo Torero, e segundos despois Charly estivo a piques de empatar nunha contra que rozou o pau. Jason obrigou o porteiro local a unha gran intervención cun disparo raso que puido ser o 1-1.
O empate chegou finalmente nunha falta perigosa culminada cunha impecable xogada estratéxica entre Jason, Izan e Charly, que o coruñés finalizou cun auténtico golazo. O Burela puido adiantarse no marcador no minuto 13 con ocasións de Pitero e Guilherme, pero ambos lanzaron fóra.
Raid dispuxo dunha ocasión clarísima tras roubar en propia cancha e encarar a Mario Gómez, que desviou a córner. A falta de 4 minutos para o descanso, o porteiro local tentou sorprender con saída e disparo directo, pero Torero respondeu cunha gran parada.
Tras un tempo morto solicitado polo técnico local, o Burela dispuxo dun penalti que transformou o capitán ante Berthod, poñendo o 1-2. No minuto 18, Pitero ampliou a vantaxe cun remate de cabeza tras un pase longo e perfecto de Izan. O Ceutí cometeu a sétima falta no 19, pero o lanzamento marchou fóra. O último minuto antes do descanso foi un asedio local, pero Torero realizou tres intervencións decisivas para manter o 1-3.
Segunda parte: o Burela sentencia
No minuto 24, o equipo dirixido polo exburelista Nacho García recortou distancias cun gol de Álvaro Ruano, que rematou un pase cruzado de Guilherme. Pero o Burela respondeu con autoridade e marcou dous goles consecutivos.
O primeiro chegou tras unha gran combinación entre Jason e Alberto, que o santiagués finalizou desde a área. O segundo, obra de Torero, culminou unha xogada estratéxica con saída de porteiro e pase cruzado de Charly.
Amin estrelou un balón no pau no minuto 32, nun tramo no que o Ceutí apertou con intensidade e múltiples saídas de porteiro con Dennis. Non empregaron o porteiro-xogador ata o minuto 37, con Álex Moñino.
O Burela, moi sólido atrás e celebrando cada acción defensiva, sentenciou o encontro cun sexto gol: unha bonita combinación entre Pitero e Charly que o coruñés finalizou cun disparo lateral a tres minutos do final.
Un triunfo de carácter, eficacia e resistencia dun Burela que non se deixou intimidar polo gol inicial en propia porta e que dominou o partido con autoridade.
Ficha Técnica UA Ceutí 2-6 Reyco Burela FS
UA Ceutí (2): Dennis; Nacho Torres (C), Álex Moñino, Álex García, Javi Barranco -quinteto inicial-, David Señoret, Javi Martín, Guilherme, Mario Gómez (P), Amin, Álvaro Ruano.
Reyco Burela FS (6): Torero; Pitero (C), Charly, Raid, Izan, -quinteto inicial-, Alán, Mauro, Alberto, Nico, Jason, Bingyoba.
Goles: 1-0, min. 1: Torero (PP). 1-1, min.10: Charly. 1-2, min. 16: Pitero (Penalti). 1-3, min. 18: Pitero. 2-3, min. 24: Álvaro Ruano. 2-4, min. 27: Alberto. 2-5, min. 29: Torero. 2-6, min. 37: Charly.
Árbitros: Javier Andreo // José Antonio Raya // Badar Motie // Wiham
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de Segunda División Masculina disputado no pavillón municipal Guillermo Molina Ríos de Ceuta.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.

