Carlos López Font esixiulle ao Goberno galego que “acompañe e reforce” a posición do Executivo central respecto dunha aplicación do pacto “equilibrada e esixente”
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026. O deputado socialista Carlos López Font demandoulle hoxe á Xunta de Galicia que “acompañe e reforce” a posición do Goberno de España respecto do acordo entre a UE e Mercosur, “reafirmando a necesidade dunha aplicación equilibrada e esixente, que preserve o carácter sensible da pesca, garanta a reciprocidade de estándares e ofreza mecanismos de protección efectivos cando sexa necesario”. Trátase, segundo dixo, de contribuír “á protección efectiva” do sector, “con especial atención á pesca e ao marisqueo artesanais e aos territorios máis dependentes desas actividades”.
Font defendeu en comisión parlamentaria unha iniciativa a través da que o PSdeG lle reclamaba ao Executivo de Rueda que vele, no ámbito das súas competencias, por que as concesións comerciais “se articulen, cando proceda, mediante continxentes limitados e debidamente controlados”, ademais de con calendarios de liberalización “longos e progresivos” e con tratamentos específicos para produtos sensibles, “co obxectivo de evitar distorsións no mercado interior e preservar unha competencia leal”.
Reclamou, ademais, que a Administración autonómica desenvolva, no ámbito das súas competencias, actuacións para verificar o cumprimento da normativa aplicable aos produtos do mar comercializados en Galicia, “especialmente en materia de sanidade e seguridade alimentaria, trazabilidade e control, loita contra a pesca ilegal, así como o respecto aos estándares laborais e medioambientais, reforzando a reciprocidade de condicións”.
O deputado socialista tamén demandou que a Xunta apoie e promova a utilización “áxil e proporcionada” das cláusulas de salvagarda previstas no acordo, para o caso de que se produzan “perturbacións no mercado, caídas anómalas de prezos ou prexuízos para segmentos concretos do sector pesqueiro galego”. Finalmente, reivindicou a participación do sector nos mecanismos “de información, seguimento e avaliación do impacto do acordo”.





















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



