Trabada, 18 de marzo de 2026. O alcalde de Trabada, Rubén García, mantivo no día de onte unha reunión coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, co obxectivo de trasladarlle as principais necesidades do municipio, especialmente no que respecta ás vías provinciais que discorren polo termo municipal, así como a posibilidade de impulsar novos investimentos e liñas de colaboración.
Durante o encontro, o rexedor expuxo distintas demandas relacionadas coa mellora das infraestruturas viarias, ao tempo que abordou a necesidade de continuar desenvolvendo actuacións que permitan avanzar na mellora dos servizos e equipamentos no concello.
O alcalde destacou a importancia da colaboración institucional, subliñando que a Deputación de Lugo “ten unha implicación moi relevante co Concello de Trabada, colaborando activamente desde hai anos tanto na organización de eventos como a Festa da Enfariñada, como na execución de diferentes investimentos e melloras no municipio”.
Rubén García sinalou tamén que “este tipo de encontros son fundamentais para trasladar de primeira man as necesidades reais da nosa veciñanza e seguir traballando conxuntamente na procura de solucións que permitan mellorar a calidade de vida no noso concello”.
Desde o Concello de Trabada destacan a vontade de continuar reforzando a cooperación coa Deputación de Lugo para seguir avanzando no desenvolvemento do municipio e na posta en marcha de novas actuacións.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



