Xove, 20 de marzo, 2026. O Concello de Xove vén de poñer en marcha un ano máis a campaña de trampeo para a prevención da vespa velutina en todo o termo municipal.
Como en edicións anteriores, a empresa SERPA é a encargada de realizar tanto o trampeo como a monitorización e detección do avispón oriental ao longo dos 89 quilómetros cadrados do municipio, co obxectivo de garantir unha cobertura eficaz en todas as zonas e frear a expansión desta especie invasora. Desde o Concello lembran que levan polo menos seis anos aplicando tratamentos preventivos e accións de control para evitar a proliferación da vespa asiática.
A vespa velutina continúa a ser unha das principais ameazas para o sector apícola da zona, xa que ataca directamente ás abellas nos colmeares, reducindo de maneira significativa a produción e afectando aos ingresos dos apicultores locais.
Ademais, SERPA advertiu da posible chegada a Galicia de novas especies invasoras, xa detectadas no sur do Estado e que poderían avanzar cara ao norte. Por este motivo, e como complemento ao traballo habitual contra a velutina, desenvolverase en Xove un programa experimental de monitorización temperá para detectar a presenza destas novas especies —como Vespa orientalis ou Vespa bicolor— e actuar de forma preventiva.
Desde o Concello de Xove reiteran o seu compromiso coa protección do medio natural e co apoio ao sector apícola, clave tanto para a economía local como para a conservación da biodiversidade.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



