A actividade, organizada pola Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS), celebrarase na Biblioteca do Centro de Saúde de Burela tras un paseo saudable previo
Burela, 24 de marzo de 2026. O Centro de Saúde de Burela acollerá este venres, 27 de marzo, unha actividade centrada na alimentación saudable, que terá lugar despois do paseo saudable organizado conxuntamente pola Estratexia Nacional de Saúde do Concello e o Centro de Saúde.
A sesión desenvolverase na Biblioteca do Centro de Saúde de Burela e estará dirixida polo equipo de REGAPS da Dirección Xeral de Saúde Pública no marco do Programa de Promoción da Saúde. A actividade require inscrición previa no Concello de Burela ou a través do teléfono 982 586 000.
Durante a xornada abordaranse contidos teóricos e dinámicas prácticas relacionadas coa alimentación equilibrada, empregando ferramentas como o prato de Harvard, a preparación de alimentos de forma saudable e a planificación de comidas. O obxectivo da sesión é facilitar que a cidadanía poida incorporar hábitos saudables no seu día a día baixo o principio de que “a opción saudable sexa a máis doada de elixir” .
O primeiro tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado, destacou a importancia deste tipo de iniciativas, sinalando que “a promoción de hábitos de vida saudables é unha prioridade para o Concello, e actividades como esta permiten achegar información útil e práctica á veciñanza”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


