O delegado visitou o Centro Óptico Xove para reafirmar a implantación exitosa deste programa que garante o acceso á saúde visual dos menores de 16 anos con axudas de ata 100 euros do Goberno
Xove, 29 de marzo de 2026. O delegado do Goberno en Galicia, reafirmou en Xove que Galicia é a comunidade con maior taxa de acceso ao Plan Veo, con preto de 600 ópticas adheridas, 67 delas na provincia de Lugo, e máis de 9.500 nenas e nenos beneficiados. Así o explicou durante a súa visita ao Centro Óptico Xove, adherida a este plan impulsado polo Ministerio de Sanidade, onde, acompañado do xerente, Carlos Calvo, subliñou que estes datos “reflicten tanto a necesidade existente como a boa acollida dunha medida pensada para chegar a quen máis o precisa”.
Durante a visita, na que tamén estivo a subdelegada na provincia, Olimpia López, o delegado animou ás familias a aproveitar esta liña de axudas públicas, que permite acceder a ata 100 euros ao ano por menor de 16 anos para a adquisición de lentes ou lentes de contacto. Así, destacou “a importancia de garantir a saúde visual da infancia para fortalecer a igualdade de oportunidades”.
O delegado incidiu tamén no impacto educativo da iniciativa, lembrando que unha parte importante das dificultades escolares pode estar vinculada a problemas de visión non corrixidos. “Non podemos permitir que un neno ou nena teña dificultades para seguir as clases por non dispoñer de lentes”, afirmou.
Ademais, agradeceu a implicación dos profesionais do sector óptico, fundamentais para o desenvolvemento do programa, destacando a colaboración co Consello Xeral de Colexios de Ópticos-Optometristas para achegar a administración á cidadanía e garantir que as axudas cheguen de maneira efectiva ás familias. “Estamos ante unha medida social que mellora a calidade de vida dos nenos e nenas e apoia ás familias galegas”, concluíu.
A solicitude pode realizarse directamente nas ópticas participantes, facilitando así o acceso a este recurso. O programa conta cun orzamento de 48 millóns de euros e estará activo ata o 31 de decembro de 2026.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



