Lugo, 31 de marzo de 2026. O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade a relación de actuacións e proxectos que os 67 concellos propuxeron para executar no marco do Plan Deputación 2026, que conta con 22,25M€ de fondos da institución provincial.
Durante a súa intervención no pleno, o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro destacou importancia do Plan Deputación para financiar os investimentos dos concellos: “É a única seguridade que teñen os concellos desta provincia. O investimento real que fan en obras a maioría dos concellos é con fondos do Plan Deputación. O noso compromiso político é seguir traballando para que o Plan Deputación siga sendo a ferramenta útil que é para seguir incrementando os fondos de maneira racional e posible, sen demagoxia”
O responsable provincial destacou “que o Plan Deputación diferéncianos doutras formas de gobernar, repártense os fondos con criterios obxectivos (poboación, número de núcleos, superficie e envellecemento) e que favorecen claramente aos concellos máis pequenos”.
O investimento achegado pola institución, que se complementa con 3,25M€ de fondos municipais, financiará 300 obras e subministracións, permitirá crear 274 postos de traballo e contribuirá a manter o Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de libre concorrencia, ademais doutras actividades culturais, deportivas ou de promoción turística, atendendo ás propostas formuladas polos concellos.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



