O PSOE nega agora aos traballadores de Sargadelos as axudas de prexubilacións
O pasado venres o Parlamento de Galicia reclamaba, a proposta do PP e de xeito oficial, que o Goberno central outorgara en apoio dos traballadores que foron despedidos en Sargadelos as axudas para a prexubilación que a lexislación estatal contempla. Sete destes oito persoas afectadas cumprirían os requisitos para beneficiarse destas axudas. Malia todo os deputados socialistas quedáronse sós votando en contra desta petición, mostra evidente da súa falta de sensibilidade, compromiso e interese con estes profesionais.
Con todo, o comportamento dos socialistas é aínda máis desleal se temos en conta varios aspectos: Primeiro, que o PSOE está a negar aos traballadores de Sargadelos as mesmas axudas que si teñen outorgado a outras empresas galegas en situacións idénticas. Segundo, que os socialistas están a incumprir dun xeito flagrante o acordo do Pleno municipal de Cervo onde votaron a favor do outorgamento destas axudas estatais, mentres que no Parlamento votan en contra. E, finalmente, no PSOE son incapaces de sumar ás administracións nas que gobernan en apoio dos traballadores deste empresa. Non poden e non queren. Todo iso pese a que a inspección do Ministerio de Traballo, e polo tanto do Executivo socialista, informou favorablemente o ERE polo que estas persoas foron despedidas.
O Goberno central non tivo reparo algún en outorgar as axudas estatais aos traballadores da empresa viguesa Autos Valeo ou da coruñesa UNICEM. Neste último caso ademais prexubilando a persoas que estaban xa no paro, desmentindo así unha das escusas que o PSOE poñía para negarlle as axudas a Sargadelos. Tanto a voceira socialista en Cervo, Lara Méndez, como o voceiro de emprego do Grupo Parlamentario Socialista dixeron en varias ocasións –e así consta nas actas oficiais- que se a Xunta poñía sobre a mesa as axudas, tamén o faría o Estado. Chegaron incluso a adiantar cifras de entre 300.000 e 500.000 euros que agora que se lles reclama deciden vetar.
Os mesmos que fai tempo arremetían contra a Xunta e poñían deberes ao PP, feito que cumprimos co resultado das negociacións impulsadas pola Alcaldía e por este deputado que posibilitaron a achega dun millón de euros en apoio de Sargadelos como garantía do mantemento do seu cadro de persoal, son agora incapaces de asumir un compromiso moito máis doado. Dá igual o que signifique Sargadelos para Galicia, para a Mariña ou para Cervo. E dá igual o que prometeran. O PSOE dá ás costas a toda esta xente, sen importarlles que nas súas mans está a solución.
Hai un dato obxectivo que ofrece unha imaxe moi clara do que aquí está a pasar. Mentres a Xunta puxo as axudas sobre a mesa e o apoio técnico do IGAPE, nin o Goberno central, en mans do PSOE, nin a Deputación provincial, na que goberna o bipartito de socialistas e nacionalistas, teñen investido un só céntimo en apoio dos traballadores de Sargadelos. Uns cumpren e outros non. Pero non teñan dúbida algunha de que os cidadáns tomarán nota.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



