O 31 de marzo último rematou a vixencia dos contratos de subministración de leite entre os produtores e as industrias lácteas. Dende o 1 de abril e até o 30 de xuño haberíanse negociar outros contratos entre produtores e industrias. Mais estas industrias xa actuaron, rexeitando manter os prezos anteriores e, aproveitando a vulnerabilidade dunhas unidades de produción que non poden ficar co leite sen recoller, impuxeron rebaixas medias de 0,08 €/litro, seica meirande canto máis produción achega cada produtora, para os novos contratos, que rexerán entre o 1 de abril e o 31 de xullo de 2026.
Coinciden as persoas expertas, entre eles a veterinaria e deputada do BNG Ariadna Fernández e o presidente da Federación Rural Galega, Elías Somoza, que Galicia achega a rentes do 42% da produción láctea do Estado mais sufre da inestabilidade e crises recorrentes do mercado, máis graves arestora cando na nosa estrutura produtiva hai explotacións que venden uns 200.000 kgs/mes, que enfrontarán cada unha – só neste cuadrimestre- 64.000 € de perdas aproximadas.
A produción de leite en Galicia é unha historia de acerto e bo suceso, en cantidade e calidade de produto e máis en tecnoloxía, mais o certo é que o valor engadido -a transformación en derivados de alta marxe- segue a ser capturado por multinacionais fóra do noso territorio. A nosa forza é produtiva e tecnolóxica, mais a nosa febleza é política e estrutural.
Dende o rigor xurídico, o que acontece neste abril de 2026 non é unha crise de mercado, senón unha fraude de lei tolerada. O artigo 9 da Lei estatal da Cadea Alimentaria é sistematicamente violado: a asimetría de poder permite que a industria láctea impoña contratos que ignoran o incremento real do IPRI e dos prezos de pensos e enerxía, moito máis importante dende a guerra de Oriente Medio. É dicir, que obrigan vender a prezos por debaixo do custo de produción, vulnerando a devandita lexislación.
O principio de equilibrio contractual é hoxe unha ficción xurídica. As Administracións estatal e galega practican unha deserción de funcións ao non actuar de oficio diante de prezos na orixe que son, claramente, unha venda a perdas agachada tras índices internacionais que non reflicten a realidade das granxas galegas, segundo confirma Elías Somoza (FRUGA). Mentres, o Ministerio de Agricultura e a Xunta abéiranse en supostas enquisas sectoriais que falan de “estabilidade”, o SLG e máis a FRUGA expoñen a verdade que os datos agregados agachan. Mentres no resto do Estado os descensos de abril son moderados, en Galicia aplícanse as reducións máis agresivas, por mor da nosa dependencia da “primeira transformación” (leite líquido e po), a que menos valor deixa e máis castiga ao produtor.
A parálise institucional é, en realidade, unha toma de partido pola industria. Pola banda da Xunta de Galicia non fan máis ca rexistrar as queixas do sector, mentres permiten o desmantelamento do corazón económico do rural. A Xunta renunciou a construír un centro de decisión propio para non molestar ao oligopolio lácteo. Pola banda do Goberno do Estado desenvólvese un centralismo burocrático que ignora a especificidade galega. Ao tratar o leite como unha commodity máis e non como un sector estratéxico o Estado condena ás ganderías galegas ao “axuste de custos” das grandes superficies da distribución alimentaria. Para outros o beneficio, para este país o xurro.
Galicia produce cantidade e calidade de leite para un mercado estatal deficitario. Se recibimos os peores prezos é por mor dunha dinámica que só penaliza aos que máis e mellor producen. En realidade para nos o sector lácteo é fulcral, mais para o Estado é prescindíbel, pois que somos pouco máis do 5% da poboación e do 5,6% do PIB estatais.
Outravolta a solución é máis Poder político para este país. A solución, como adoito, é a soberanía.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



