Dicía o pensador de orixe grego, Cornelius Castioriadis que Europa estaba a vivir unha profunda crise das súas significacións sociais. Falamos, polo tanto, dun esgotamento de referentes, de valores e crenzas compartidas que deron forma e sentido ás sociedades europeas, definindo o que é real e o que é valioso. Son, xa que logo, aquelas creacións colectivas imaxinarias que cohesiona ron as sociedades occidentais e Lles deron seguridade e unha identidade de seu.
Ademais, estase significacións levan, polo menos, dende o século XIX, en cuestión. Feito que se viu intensificado polo protagonismo do sistema económico capitalista que no seu proceso de desenvolvemento, como nos deixóu dito Jürgen Habermas, traspasou os límites das forzas produtivas e económicas para inzar todo o mundo da vida daqueles valores materiais que lle son propios ao mundo instrumental. Converteuse así nun proxecto que abrangue toda a realidade e na que o ser humano quedou reducido a pouco máis ca unha mercancía.
A situación, polo tanto, conformouse de tal maneira que resulta moi difícil vivir á marxe deste capitalismo extremo basado no individualismo, na competividade e no consumismo e que decidiu, en palabras de Margaret Thatcher, non só conquistar os corpos senón tamén as almas.
En consecuencia, dá a impresión que non queda espazo para loitar pola limitación do seu poder á esfera puramente económica para poder abrir novos espazos acordes á nosa natureza humana.
Isto vén significar que os valores que hoxe teñen peso real son os propios do mundo económico e instrumental. Todas as demais significacións que no seu momento contribuíron a construir a civilización occidental foron perdendo vigor ata quedar subordinadas ao mundo económico e instrumental e viven, xa que logo, degradadas e en situación anémica.
Daquela, o mundo da vida foise baleirando de auténticos significados humanos ata quedar sen espazo para a nosa propia realización como persoas.
Como nos deixóu dito o pensador Zygmunt Bauman, o que era sólido foi mutando en algo líquido, sen forma nin consistencia e sometido a un permanente cambio, o que fai que todo se volva provisional efímero e inseguro.
E isto está a xenerar no mundo occidental un gran desasosego, ansiedade e incertidume ao quedarnos sen nada sólido ao que agarrarnos.
Semella que estamos tan absorbidos pola técnica, polo diñeiro e o consumismo, polo instrumental en definitiva, que olvidamos o que é o auténtico benestar, a dignidade e o propósito humano, que é realmente o sustancial.
E isto pode ser a causa última da crise que estamos a vivir porque como nos di o evanxeo: non só de pan vive o home.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



