O delegado territorial, Javier Arias, explica que se trata dunha das liñas de colaboración do Goberno galego con estas entidades, ás que tamén proporciona material de emerxencias e cursos de formación continua para o persoal voluntario
Lugo, 23 de abril de 2026. A Xunta resolveu a orde de axudas anual para colaborar cos gastos de funcionamento das Agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil (AVPC), que na provincia de Lugo beneficia a 33 entidades. As contías concedidas suman preto de 55.000 euros.
O delegado territorial, Javier Arias, afirmou que estes apoios van destinados ás agrupacións dos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou asociacións de municipios inscritas no Rexistro de AVPC.
Con estas subvencións poden cubrir investimentos en equipamento, vestimenta, elementos de prevención e protección e material informático e de comunicación, sempre que se trate de material funxible. Tamén son subvencionables os custos das actuacións que leven a cabo; da conservación, mantemento e alugamento da base e medios de intervencións; e da formación dos seus membros, así como o pagamento de seguros do persoal voluntario.
As entidades beneficiarias están distribuídas por toda a provincia. Así, na Mariña figuran as AVPC de Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Nas comarcas da Terra Chá e Meira, os apoios chegan a Vilalba, Xermade, Guitiriz, Riotorto, Ribeira de Piquín, Meira e Pol. Na Zona Sur, as achegas van destinadas ás AVPC de Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, O Saviñao e Taboada. Así mesmo, obteñen colaboración as de Triacastela, O Incio, Cervantes, Negueira de Muñiz, Palas de Rei e Portomarín.
Arias lembrou que estas axudas súmanse á liña de apoio específica para dotar aos grupos de Protección Civil do material de emerxencias necesario para os seus operativos – remolques, tendas de campaña, equipos de extinción, desfibriladores, kits de seguridade viaria, embarcacións neumáticas, elementos para intervir no medio acuático …. -.
Ademais, a Xunta proporciona formación continua aos voluntarios nos cursos organizados pola Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



