Xove, 24 de abril, 2026. O PSdeG-PSOE de Xove quere aclarar a postura defendida pola súa concelleira e portavoz, Rogelia Mariña, respecto da externalización do servizo da auga.
Desde a agrupación socialista sinalan que é “fácil responsabilizar á única concelleira do PSOE no Concello de Xove cando se está acostumado a que ninguén cuestione determinadas decisións”. Engaden que a súa posición “está estudada e debatida internamente, non é unha postura improvisada”.
O PSOE lembra que as actuais instalacións da traída de augas datan das décadas de 1980 e 1990 e que, segundo indican, desde 2007 non se acometeron melloras significativas, o que explicaría os problemas actuais no subministro. “Son vinte anos sen facer nada”, afirman.
A formación socialista critica que, ante esta situación, a primeira proposta do goberno local sexa externalizar o servizo a unha empresa privada. Explican que o custo actual da auga é de 440.000 euros anuais, mentres que a externalización implicaría investimentos próximos aos 2 millóns de euros, ademais dun custo medio duns 550.000 euros ao ano durante oito anos pola xestión da nova empresa.
O PSOE insta ao alcalde a “investir na modernización das instalacións da traída” e a deixar de externalizar servizos municipais, lembrando que xa se privatizaron outros como o Servizo de Axuda no Fogar ou actividades culturais e deportivas.
A agrupación socialista advirte de que este incremento de custos “acabará repercutindo nos veciños e veciñas de Xove”, e cuestiona que unha empresa privada “asuma perdas” sen trasladar o gasto á cidadanía.
Finalmente, o PSOE pide ao alcalde que “abandone a demagoxia e as faltas de respecto”, e reafirma o seu compromiso de seguir traballando en propostas para mellorar Xove, “priorizando sempre o servizo público”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



