O Observatorio da Mariña pola Igualdade vén de pór á venda a Axenda feminista 2011. Dedica cada un dos 12 meses do 2011 a 12 reivindicacións sobre problemáticas de discriminación de xénero. Amais, nos diferentes días indicamos os máis representativos nos avances feministas. A axenda inclúe un calendario menstrual, folliñas para notas e calendario do 2012. A axenda ten un custo de 10 euros para socias e socios e de 12 euros para persoas non socias. Para facerte coa túa Axenda feminista 2011, podes escribir a observatorioigualdade @gmail.com cos vosos datos, ou mercala en Ribadeo en Libraría Bis a Bis, Libraría Casa das Letras, Gráficas Ribadeo ou en Burela en Comercial Auma e Gonfer
Observatorio da Mariña pola Igualdade pon á venda a Axenda feminista 2011
Observatorio da Mariña pola Igualdade pon á venda a Axenda feminista 2011
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo