Mondoñedo, 30 de abril, 2026. O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiu este xoves aos actos oficiais que marcan o inicio das Festas das Quendas de Mondoñedo, unha das celebracións máis antigas de Galicia, documentada dende o século XVI e que se desenvolverán do 30 de abril ao 3 de maio. A Deputación colabora coa Asociación As San Lucas na organización destes festexos cunha achega de 5.000 euros.
O acto inaugural celebrouse, como é tradicional, no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Alí, Carlos López felicitou á organización polo traballo desenvolvido e enmarcou esta colaboración na aposta da institución provincial por apoiar o sector agrogandeiro como motor económico da provincia. Subliñou tamén a importancia de promover as razas autóctonas e os produtos de proximidade, contribuíndo á dinamización cultural, económica e turística do territorio.
Tamén participou no inicio das Quendas o deputado Daniel García, que acompañou o paseo das quendeiras dende o Concello ata o auditorio. O pregón correu a cargo da mindoniense María Josefa (Fina) Lombardero Díaz, doutora en Bioloxía e catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC), especialista en sanidade forestal e pragas de insectos, con ampla traxectoria investigadora internacional. No seu discurso, ademais de compartir lembranzas persoais, repasou a historia das paisaxes e dos montes de Mondoñedo para enxalzar a riqueza botánica da comarca e concluíu animando a recuperar “o espírito mindoniense de amor ás árbores”.
























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



