Viveiro, 2 de maio, 206. O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) foi recoñecido co Premio Comercio Dinamización 2025, outorgado pola Xunta de Galicia nun acto celebrado en Santiago o pasado mes de novembro. Para celebralo, a entidade organiza a “Festa do Comercio”, que inclúe o sorteo dunha Extra de Verán de 1.200 €, unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio local e agradecer á veciñanza o seu apoio continuo.
O sorteo especial celebrarase o 30 de maio ás 21:00 h na Praza Maior de Viveiro, converténdose nun punto de encontro para veciños, visitantes e comerciantes. A tarde estará chea de actividades, música e sorpresas.
Extra de Verán: 1.200 € en xogo
A campaña inclúe o sorteo dunha Extra de Verán de 1.200 €, co obxectivo de incentivar as compras nos negocios asociados.
Para participar, os clientes poderán conseguir rifas realizando compras entre o 4 e o 30 de maio nos establecementos adheridos ao CCHV.
O día do evento, habilitarase unha urna na Praza Maior de 17:00 a 21:00 h para depositar os números. O sorteo terá lugar ás 21:15 h, presentado polo humorista Dani Ríos, que volverá exercer como mestre de cerimonias.
Actividades durante a tarde
A programación inclúe propostas para todos os públicos:
Animación musical coa charanga Santa Compaña polas rúas de Viveiro e actuación final ás 20:30 h na Praza Maior.
Actividades infantís con talleres de pintura de mochilas e papiroflexia na Sala Multiusos.
Concurso de miniburgers en 8 locais de hostalaría, con sorteo de premios entre os participantes.
E outras sorpresas que se anunciarán nos próximos días.
Desde a Directiva do CCHV destacan que esta iniciativa “non só promove o consumo no comercio de proximidade, senón que tamén reforza o carácter social e comunitario de Viveiro, convertendo o comercio nun espazo de encontro e convivencia”.
A Festa do Comercio consolídase así como unha cita destacada no calendario local, combinando ocio, cultura e apoio ao comercio de proximidade nun ambiente festivo e participativo.
As bases do sorteo poden consultarse en www.viveirocentro.com, na App ViveiroCCH e nas redes sociais da asociación.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



