Burela, 2 de maio, 2026. Partido decisivo en Vista Alegre o deste sábado, onde dous conxuntos chegaban con obxectivos moi distintos: mentres o Entrerríos loitaba por achegarse aos postos de playoff, o Burela buscaba asegurar a permanencia. E conseguiuno cun contundente 3-0, certificando así o seu obxectivo nesta tempada.
Un logro especialmente meritorio tras o profundo cambio vivido polo equipo mariñán no mes de xaneiro, cando se renovou media plantilla e regresou ao banco o Mariskal. O técnico alfocés conseguiu reconducir ao grupo e, xuntos, superar todas as adversidades.
O encontro comezou cun ritmo pausado e moita precaución por parte de ambos equipos, pero cambiou por completo tras o primeiro gol, dando paso a unha segunda metade moi intensa.
Primeira parte: dous golpes en dous minutos
O Burela avisou cedo cun primeiro achegamento e resistiu durante cinco minutos a presión alta do Entrerríos. No minuto 6, Torero detivo un disparo perigoso de Jorge Tabuenca, e pouco despois Izan rozou o gol cun tiro raso ao segundo pau.
O ritmo baixou ata o minuto 10, cando o equipo de Alfonso Rodríguez dispuxo dunha falta perigosa que sacou Quelle, pero a defensa local respondeu cun contragolpe que Pitero finalizou rozando o poste.
A intensidade medrou e, no minuto 14, Jason abriu o marcador cun disparo á escuadra nunha gran acción individual. Só un minuto despois, Izan ampliou a vantaxe tras un contragolpe conducido por Pitero.
Segunda parte: defensa sólida e sentenza final
No minuto 24, Lautaro evitou o primeiro tanto visitante cunha boa intervención ante Quelle, e volveu aparecer en varias ocasións para manter a portería a cero. Marcos Forga estrelou un balón no pau no 26, e Pitero obrigou a Juan Molina a intervir no 32.
O partido acelerou aínda máis: Koke mandou outro balón ao pau no 34 e, a falta de cinco minutos, o Entrerríos apostou polo xogo de cinco con Quelle como porteiro-xogador. O Burela respondeu coa mesma estratexia, con Bingyoba asumindo ese rol.
Lautaro volveu ser decisivo no 37 e no 38, sacando dous balóns sobre a liña ante o ataque en superioridade do rival. A falta de tres minutos, Bingyoba tivo unha das ocasións máis claras tras un pase de Pitero, pero o balón marchou fóra por pouco.
Xa no último minuto, nunha contra con portería baleira, Charly fixo o 3-0 tras combinar co capitán, un gol que deixou sen opcións ao conxunto zaragozano e selou a permanencia do Burela en Segunda División para a tempada 2026/2027.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 3-0 Entrerríos Automatización
Reyco Burela FS (3): Torero; Pitero (C), Charly, Raid, Alberto -quinteto inicial-, Mauro, Alán, Jason, Izan, Bingyoba, Lautaro (P), Nico.
Entrerríos Automatización (0):Juan
Goles: 1-0, min. 14: Jason. 2-0, min. 15: Izan. 3-0, min. 39: Charly.
Árbitros: Álvaro Otero // Luis Manuel Manso // Iria de Luis // María López. Por parte do Burela viron tarxeta amarela Mauro (13’), Izan (16’), Alán (19’) e Alberto (38’). Por parte do Entrerríos, Juan Molina (25’), Quelle (30’) e Fran Tabuenca (34’)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Segunda División Masculina disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.

