Burela, 6 de maio, 2026. O proxecto Pesca Saúde organiza unha nova xornada técnica o martes 12 de maio ás 19:30 horas na Casa do Concello de Burela. A convidada será a pediatra Consuelo Lobelle Fernández, que centrará a súa intervención nos beneficios do consumo de produto pesqueiro para o desenvolvemento cognitivo e o crecemento na infancia.
A sesión forma parte da programación da Estratexia Saúde Concello de Burela, é aberta ao público e non require inscrición previa.
Sobre a relatora
Consuelo Lobelle Fernández é unha pediatra de ampla traxectoria, especialista en diagnóstico de enfermidades infantís. Exerce no Centro de Saúde Illas Canarias (Lugo) e é licenciada e doutora en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou a súa especialidade no Hospital Universitario de Santiago.
Que é Pesca Saúde?
Pesca Saúde é un ciclo de xornadas técnicas nas que profesionais da saúde explican, desde diferentes especialidades, os beneficios do consumo de peixe, marisco e outras especies mariñas de proximidade.
O obxectivo é divulgar información rigorosa, desmontar mitos e achegar evidencias científicas actualizadas sobre o impacto positivo destes alimentos na saúde.
O proxecto xorde nun contexto no que o consumo de peixe fresco descendeu, mentres aumentan os produtos ultraprocesados, un cambio asociado ao incremento de enfermidades cardiovasculares, metabólicas e inflamatorias. Promover o peixe local convértese así nunha estratexia de saúde pública baseada na evidencia.
Vales de desconto para mercar produto do mar
As peixerías teñen un papel destacado no proxecto. Durante as xornadas repártense vales de 5 € para descontar na compra de produto pesqueiro.
Ademais, ata o 30 de xuño, todas as persoas que acumulen 60 € en tiques de compra nos establecementos adheridos participarán no sorteo dunha degustación para dúas persoas nun local de hostalaría. As peixerías participantes estarán identificadas co distintivo oficial da campaña.
Próximas actividades: restauración e obradoiros
O proxecto continuará traballando co sector da hostalaría, deseñando menús saudables baseados en produto local e de tempada.
Tamén se celebrarán os obradoiros de BatchCooking, unha metodoloxía que permite organizar a cociña semanal preparando varias elaboracións nunha única sesión para combinalas despois en diferentes comidas.
Quen promove Pesca Saúde?
Pesca Saúde está financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 a través da Consellería do Mar. Participan sete GALP que cobren boa parte do litoral galego, coordinados polo GALP Costa Sostible.
O proxecto conta tamén coa colaboración da Consellería de Sanidade, integrando as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo coa Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



