O obxectivo é que no 2028 o 100 % dos establecementos de primeira venda operen coa tecnoloxía máis avanzada de Europa
Cambados (Pontevedra), 6 de maio do 2026. A Xunta de Galicia deu hoxe un paso decisivo na blindaxe do futuro e a competitividade do sector marítimo-pesqueiro galego investindo máis de 2 millóns de euros ata 2028 para seguir avanzando na transformación dixital das lonxas galegas.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinaron na lonxa de Tragove, en Cambados, un acordo de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería do Mar para o financiamento sustentable e o desenvolvemento evolutivo do proxecto ‘Lonxas Galegas 4.0’.
Durante o acto, a titular de Mar destacou que este acordo enmárcase no obxectivo do Goberno galego para que nesa data “o 100 % dos nosos establecementos de primeira venda operen cos estándares tecnolóxicos máis avanzados de Europa”.
Villaverde incidiu en que esta modernización tradúcese, na práctica, en “menos burocracia e máis facilidades para os profesionais”. As ferramentas dixitais facilitan o día a día ao dixitalizar desde a pesada ata a facturación ou a contabilidade das confrarías. A maiores, a tecnoloxía abre novas oportunidades de negocio, permitindo a un comprador revisar os lotes e participar nas poxas en tempo real desde o seu teléfono móbil, sen necesidade de estar fisicamente na lonxa. Isto abre as portas a máis compradores e mellora a rendibilidade do produto.
A conselleira tamén subliñou o compromiso co consumidor e a seguridade alimentaria: “A tecnoloxía que hoxe consolidamos garante unha trazabilidade total: controlamos o produto de xeito rigoroso desde o mesmo minuto no que se descarga ata que chega á mesa”. Deste xeito, cando alguén merca un produto do mar de Galicia, ten a máxima garantía de calidade e orixe. “En definitiva, con ‘Lonxas Galegas 4.0’ estamos demostrando que en Galicia a tradición mariñeira e a tecnoloxía de vangarda poden e deben ir da man.
Un modelo tecnolóxico referente
Pola súa banda, o conselleiro de Facenda e Administración Pública lembrou que o proxecto Lonxas 4.0 beneficiou xa a 53 lonxas e 68 confrarías, modernizando todo o proceso de comercialización e poxa. “Estamos diante dun exemplo claro de como a tecnoloxía pode transformar un sector clave para a nosa Comunidade”, dixo, lembrando que estas actuacións permitiron mellorar a conectividade das lonxas ao ampliar a capacidade de comunicación mediante a súa conexión á Rede Corporativa de Comunicacións da Xunta, modernizar o equipamento informático asociado e reforzar a seguridade e fiabilidade.
Logo de lembrar que a iniciativa contou con achegas do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura, así como do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Miguel Corgos concluíu subliñando que a Xunta está a traballar para incorporar novas funcionalidades como un portal que difunda en tempo real os produtos e prezos que se van a poxar, a posibilidade de incorporar imaxe en tempo real para aqueles que non asistan presencialmente ou facilitar solucións que permitan agrupar nunha lonxa virtual a venda de produtos de distintas lonxas.






















A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



