Lugo, 8 de maio, 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou destinar 300.000€ aos concellos de Trabada e Taboada para mellorar diversas dotacións locais. A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, explicou tras a reunión semanal que se deron luz verde a dous convenios de colaboración: un para financiar a urbanización dos accesos á capela de San Miguel, na parroquia trabadense de Vilapercide, e outro para a renovación integral da Avenida de Lugo en Taboada.
51.419€ para mellorar o entorno da capela de San Miguel en Trabada
No caso de Trabada, a Deputación achegará 51.419,02€ para executar unha actuación integral no entorno da capela de San Miguel, en Vilapercide. O investimento permitirá construír un novo muro de contención con sistema de drenaxe para garantir a estabilidade do terreo e evitar acumulacións de auga.
O proxecto inclúe tamén a restauración da fonte existente, a instalación dunha nova varanda de protección e a mellora estética e urbanística do espazo mediante acabados en pedra natural. Con esta intervención preténdese reforzar a seguridade, a accesibilidade e a conservación dun enclave de grande valor para a veciñanza.
250.000€ para renovar a Avenida de Lugo en Taboada
En Taboada, a Deputación acordou co Concello unha achega de 250.000€ para acometer a renovación integral da Avenida de Lugo, antiga N‑540 e unha das principais arterias do municipio.
As obras contemplan a execución de beirarrúas, aparcamentos, novo pavimento da calzada, instalación de alumeado público, mobiliario urbano e plantación de arborado. García Porto destacou que esta actuación terá un impacto significativo na vila, ao concentrarse nesta avenida boa parte dos servizos, actividade comercial e movemento cotián.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



