Ribadeo, 12 de maio, 2026. A formación independente UCIN Ribadeo reclamou ao Goberno municipal unha intervención inmediata na rúa San Francisco ante o evidente deterioro que presenta a vía e os problemas de acumulación de auga que sofren veciños e peóns cada vez que chove.
Desde UCIN aseguran que o estado actual da rúa reflicte unha “falta de mantenimiento continuada” que afecta tanto á imaxe do municipio como á seguridade e comodidade das persoas que transitan diariamente por unha das zonas máis concorridas do casco urbano.
A formación denuncia que as deficiencias no firme e no sistema de drenaxe provocan importantes charcos ao longo da vía, dificultando o paso peonil e xerando molestias constantes para residentes, comerciantes e visitantes. “No es una situación puntual, sino un problema que se repite desde hace tiempo sin que el Concello adopte soluciones eficaces”, sinalan desde UCIN Ribadeo.
Así mesmo, critican que a falta de actuacións preventivas e de conservación urbana deriva nun deterioro progresivo dos espazos públicos. “Ribadeo no puede permitirse ofrecer una imagen de abandono en pleno centro urbano. El mantenimiento de las calles debe ser una prioridad diaria y no actuar únicamente cuando las quejas vecinales se multiplican”, subliñan.
UCIN Ribadeo insta ao Executivo local a executar traballos de reparación e mellora do pavimento, así como unha revisión integral do sistema de evacuación de augas para evitar novas acumulacións en episodios de choiva.
A formación conclúe reclamando unha maior planificación en materia de mantemento urbano e unha resposta “ágil y eficaz” ás demandas veciñais para garantir unhas infraestruturas en condicións adecuadas para toda a cidadanía.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



