Illa de Arousa, 8 de maio de 2026. O proxecto de cooperación “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar” celebrou o pasado venres unha visita de estudo e intercambio entre representantes dos GALPs galegos e do País Vasco, nun encontro centrado na análise de iniciativas e propostas para favorecer o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro.
A xornada reuniu representantes dos distintos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro participantes no proxecto —entre eles presidencias, xerencias e persoal técnico— nun espazo de traballo colaborativo orientado ao intercambio de experiencias e á procura de solucións conxuntas para un dos principais retos do sector.
A programación comezou cunha visita ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGaFA), onde as persoas asistentes puideron coñecer de primeira man o labor formativo que desenvolve o centro e as oportunidades vinculadas á formación marítimo-pesqueira e acuícola. Posteriormente, realizouse unha visita á aula virtual da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa, coñecendo ferramentas e recursos destinados á formación e capacitación do sector.
Durante a sesión de traballo abordáronse cuestións como as actividades executadas e pendentes dentro do proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar”, a valoración da Formación Profesional Dual e a súa posible implantación na pesca de baixura, así como diferentes achegas e experiencias orientadas a fomentar a incorporación da mocidade ao sector marítimo-pesqueiro.
O encontro permitiu tamén compartir impresións coa representación do GALP do País Vasco, reforzando o intercambio de coñecementos e boas prácticas entre territorios costeiros con desafíos comúns arredor do futuro do mar.
A xornada rematou cun xantar de traballo baseado nunha degustación de produtos pesqueiros, nun ambiente de convivencia e colaboración entre as entidades participantes.
Desde a organización valórase moi positivamente esta visita de estudo, destacando a importancia de crear espazos de diálogo, coordinación e cooperación entre territorios para seguir impulsando accións que contribúan a garantir o futuro das profesións do mar.
O proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar” está impulsado polos GALPs de Galicia en colaboración co GALP do País Vasco e financiado pola Consellería do Mar e o FEMPA.
























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



