A proposta dos populares pasa pola creación dun órgano consultivo no que estean representados os distintos grupos políticos municipais e tamén persoas coñecedoras da historia local, coa participación destacada do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios
Foz, 12 de maio de 2026. O Grupo Municipal do Partido Popular de Foz propón a creación dunha mesa de expertos que asesore aos grupos políticos no proceso de nomeamento das distintas rúas do municipio, co obxectivo de garantir “o máximo rigor, obxectividade e consenso” nun asunto que consideran de gran relevancia para a historia e a memoria colectiva de Foz.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica que desde o PP consideran positivo que as propostas poidan xurdir da iniciativa veciñal, aínda que lembra que será finalmente a Corporación Municipal quen deba adoptar a decisión definitiva.
“Tan importante como homenaxear cunha rúa a unha persoa, un lugar ou un feito relevante para Foz é facelo dunha maneira rigorosa, acertada e pensando no interese xeral dos veciños”, sinala Castiñeira.
A proposta dos populares pasa pola creación dun órgano consultivo no que estean representados os distintos grupos políticos municipais e tamén persoas coñecedoras da historia local, coa participación destacada do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios.
“O cronista oficial debe formar parte desta mesa polo respecto institucional que merece a súa figura e tamén polo importante coñecemento histórico que pode aportar a este proceso”, indica o portavoz popular, quen tamén aposta por incorporar “outras persoas que poidan contribuír con seriedade, documentación e rigorosidade”.
Neste sentido, o Partido Popular lembra que no último pleno municipal preguntou ao goberno local se xa existira contacto co cronista oficial. Segundo explica Castiñeira, o alcalde recoñeceu que aínda non se producira esa conversa, aínda que mostrou disposición a mantela.
Desde o PP consideran que a constitución desta mesa debería ser o primeiro paso antes de abordar calquera decisión definitiva sobre os novos nomes das rúas.
“Os grupos políticos municipais serán os que teñan que decidir finalmente, pero cremos fundamental que esa decisión estea avalada por informes e valoracións obxectivas elaboradas por persoas coñecedoras da historia e da realidade de Foz”, afirma.
“En Foz hai moitísima xente con enormes méritos e á que nunca estaremos suficientemente agradecidos. Precisamente por iso cremos que este proceso debe desenvolverse coa máxima responsabilidade e co maior consenso posible”, conclúe Castiñeira.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



