A Mariña, 12 de maio de 2026. O Foro Social da Mariña (FSM) organiza este venres, 15 de maio, ás 19:00 horas, unha conferencia‑coloquio titulada “Migración, Bulos, Activismo e Regularización”, que terá lugar na praza de abastos de Burela.
O encontro contará coa participación de:
– Luzía Oca González, antropóloga e docente da USC
– Gabriela L. Frías Goytia, psicóloga especializada en migración
– Soledad Paola Lucero Toapanta, fundadora da ONG Movilidad Humana
Nun contexto marcado polo debate arredor da regularización extraordinaria —un logro impulsado durante anos por plataformas como Regularización Ya— están a circular numerosos bulos e mensaxes falsas sobre migración. Estes discursos difunden ideas erróneas sobre supostos privilexios, acceso a axudas, dereito ao voto ou o chamado “efecto chamada”, xerando medo, confusión e desinformación.
O FSM lembra que estes bulos non só distorsionan a realidade, senón que alimentan prexuízos e dificultan a convivencia. Por iso, subliñan a importancia de contrastar información, acudir a fontes fiables e promover unha mirada crítica e respectuosa baseada en datos e dereitos humanos. Tamén destacan a necesidade de fortalecer o tecido comunitario para comprender mellor a realidade das persoas migrantes que forman parte da comarca.






















O Concello informa de este mércores producirase un corte no subministro de auga en varias parroquias con motivo das obras de abastecemento que se están a realizar en Landrove. As zonas afectadas serán as parroquias de Chavín, San Pedro, Valcarría, Landrove, Galdo e Magazos ata Ruanova. O corte está previsto entre as 9.00 e as 15.00 horas aproximadamente, polo que se recomenda á veciñanza que tome as medidas oportunas durante esa franxa horaria. Desde o Concello pídeselle comprensión á cidadanía polas molestias que esta incidencia poida ocasionar e lémbrase que se trata dunha afección puntual derivada dunha actuación necesaria para a mellora da rede de abastecemento.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



