Ribadeo, 13 de maio, 2026. A Asociación Cultural Francisco Lanza, coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, organiza diversas actividades esta fin de semana con motivo das Letras Galegas.
Por unha banda, a presentación do libro dedicado ao rock bravú, que ía ser presentada por Xurxo Souto, queda adiada até novo aviso debido á indisposición do autor.
Desde o venres poderá visitarse na Escola de Música a exposición dedicada a Hernán Naval, que permanecerá aberta até o remate do curso.
O sábado 16, ás 14:00 horas, celebrarase no restaurante O Mariñeiro o Xantar en Homenaxe a Hernán Naval. Aínda quedan algunhas prazas dispoñibles, e quen desexe inscribirse de última hora poderá recoller tarxetas de invitación no Bar Cantón.
Pola tarde, ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio Hernán Naval o concerto de homenaxe ao autor. A entrada será gratuíta até completar aforo.
Ademais, durante toda a fin de semana desenvolverase a campaña “Un caravel, un libro” nas librarías de Ribadeo. Por cada compra dun libro en galego, entregarase un caravel como agasallo —até esgotar existencias— xunto cunha pequena tarxeta conmemorativa do Día das Letras Galegas.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



