Balseiro condena que “mentres o Goberno de Sánchez atrasa a instalación deste sistema, os radares de tramo continúan sendo dos que máis recadan de Galicia e España: recádanse cartos nos radares, pero non se invisten en seguridade na zona”
Lugo, 16 de maio de 2026. José Manuel Balseiro defenderá este luns na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Senado unha iniciativa dos senadores do PP lucense para esixir ao Goberno de Sánchez a instalación inmediata do sistema de balizamento láser para a mellora da seguridade viaria en condicións de visibilidade reducida no tramo do Fiouco, na A-8.
O popular explica que se trata “dun dos tramos máis perigosos de toda a autovía do Cantábrico”. E engade que “quen pasa habitualmente por alí sabe que, cando aparece a néboa, o perigo continúa”. As medidas adoptadas ata a data -a instalación de balizas luminosas en parte do tramo- non son o suficientemente efectivas para evitar accidentes por alcance debido á falta de visibilidade por intensas néboas.
O senador indica que “se reduciron as horas de peche da autovía, pero iso non supón garantir a seguridade”. De feito, “séguense producindo accidentes e séguese circulando con visibilidade mínima”.
“O máis grave é que a solución existe dende fai anos porque “o propio Ministerio estudou e validou o sistema láser -un método de iluminación que vai acompañando ao vehículo para facer ver ao condutor por onde vai a calzada e que tamén mostra se hai diante algún vehículo ou outro obstáculo- como mellor alternativa para O Fiouco. Polo tanto, o problema xa non é técnico, senón falta de vontade política”.
E “mentres o Goberno segue atrasando a súa instalación, os radares de tramos da zona continúan sendo dos que máis multan de Galicia e de España”. É dicir, “recádanse cartos, pero non se invisten en máis seguridade”. Polo tanto, “non poden alegar insuficiencia orzamentaria”. Só no 2024 os radares de tramo nesa zona superaron os 600.000 euros de recadación por multas e sancións.
Balseiro asegura que “dende o Partido Popular pedimos actuacións urxentes porque non podemos normalizar que unha autovía estratéxica siga funcionando como un punto negro permanente. Estamos falando de seguridade viaria”, conclúe.
MÁIS MEDIDAS DE SEGURIDADE
A iniciativa dos populares tamén propón ao Goberno de España, como medida complementaria, ampliar a zona na que se atopan instaladas as balizas antinéboa que permiten guiar aos condutores en momentos de fenómenos meteorolóxicos adversos.
Igualmente, propoñen reforzar os sistemas de control, análise e avaliación das condicións meteorolóxicas da A-8 de forma que se incremente a capacidade para detectar bancos de néboa especialmente intensos ou que xeran baixa visibilidade, aínda que se produzan en tramos máis reducidos.
E tamén estudar as medidas necesarias para garantir a circulación de vehículos polo tramo en condicións de seguridade, incluído o peche á circulación cando sexa oportuno, garantindo un itinerario alternativo nas mellores condicións para circular.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



