Nota de prensa
O pasado xoves de noite tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián a entrega de premios dos concursos de debuxo infantil “Cervo pola igualdade”, e de postais de Nadal; así coma o de narración “Carta a un Maltratador”. O acto tivo lugar ao remate da actuación dun contacontos organizada pola Asociación “A Sombriza” e na que colaborou o Concello de Cervo. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, presidiu o acto de entrega de agasallos a todos os premiados.
Os gañadores son os seguintes:
I Concurso de debuxo infantil “CERVO POLA IGUALDADE”
| DE 3 A 5 ANOS | DE 6 A 8 ANOS | DE 9 A 12 ANOS | |
| 1º PREMIO | … | MARINA REY DÍAZ
7 anos – S.Cibrao |
CRISTINA CAO OTERO
11 anos – Rúa |
| 2º PREMIO | … | ANTONIO VILLARES LÓPEZ
6 anos – S.Cibrao |
PAULA RODRÍGUEZ FRANCO
10 anos – A Senra |
| 3º PREMIO | … | BEATRIZ BOTELO MELO
7 anos – S.Cibrao |
ABRAHAM MORENO BARREIRA
9 anos – S.Cibrao |
IV CONCURSO DE NARRACIÓN “CARTA A UN MALTRATADOR”
| GAÑADOR/A | CARMEN VENTOSO LISTA
19 anos – S.Cibrao |
VIII CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL
| Categoría | Nome e Apelidos | Colexio | Idade |
| Absoluta | Paula Díaz Yáñez | CEIP Cervo | 9 anos |
| De 3 a 5 anos | Lucía Soto López | CEIP Cervo nº1 | 5 anos |
| De 6 a 9 anos | Desiree Gª Sandomingo | CEIP Cervo nº1 | 6 anos |
| De 10 a 12 anos | María Fernández Lamelas | CEIP Cervo nº1 | 11 anos |





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



