Burela, 16 de maio, 2026. O Reyco Burela FS estivo preto de levarse un resultado positivo do pavillón municipal de Ribeiras de Lea nun derbi moi igualado correspondente á xornada 28 da 1ª División Iberdrola FS. O FSF Castro adiantouse no primeiro minuto e, malia o empuxe visitante, mantivo a vantaxe ata que Patricia sentenciou no tramo final cun 2-0 a porta baleira.
As burelás, moi sólidas en defensa e incisivas en transición, gozaron de varias ocasións claras para o empate, especialmente na segunda metade. Co marcador axustado, o equipo mariñán apostou polo xogo de cinco, pero un roubo local acabou no gol definitivo.
Ficha técnica
FSF Castro Bloques Cando 2–0 Reyco Burela FS
FSF Castro (2): Area; Jenny, Natalinha, Julia, Luana —quinteto inicial—; Patricia, Antía Pérez, Luisa Mayara (C), Dani Sousa, Cris Lourés, Antía, Clara, Caridad (P).
Reyco Burela FS (0): Ana Eliza (C); Cris Blanco, Gabi, Sandra, Lara —quinteto inicial—; Laura Barranco, Irene, Macarena, Lari, Sydorenko.
Goles:
1–0, min. 1: Luana.
2–0, min. 37: Patricia.
Árbitros: Adrián García, Daniel Castro e Eva López.
Tarxetas amarelas: Luisa Mayara (38’) no FSF Castro; Lara (10’) e Gabi (21’) no Reyco Burela.
Incidencias: Partido da xornada 28 da 1ª División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal de Ribeiras de Lea (Castro de Rei).

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).


