Os populares urxen á alcaldesa a retomar a convocatoria normal dos plenos e explicar publicamente os motivos de non convocar as sesións de xaneiro, marzo e maio e, no caso de persistir na mesma situación, “non descartamos acudir a instancias superiores para recuperar a normalidade democrática no Concello de Lourenzá”
Lourenzá, 21 de maio de 2026. O PP de Lourenzá denuncia publicamente o “bloqueo institucional e a parálise democrática” que vive o Concello, despois de que a alcaldesa leve medio ano sen convocar os plenos, xa que a última sesión ordinaria que se convocou e celebrou foi a de novembro de 2025.
O voceiro popular, Roberto Díaz, recorda que os plenos deben celebrarse o terceiro xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro, ás 11.00 horas, prazo que a alcaldesa incumpre sistematicamente durante os últimos seis meses.
Roberto Díaz sinala que esta actitude supón “un desprezo absoluto polas institucións democráticas e polos dereitos da cidadanía, ao ver como quedan bloqueados todos os plans que deben pasar polo pleno para o seu debate e aprobación”.
O voceiro popular manifestou a súa fonda preocupación pola falta de transparencia na que sumiu a rexedora ao Concello de Lourenzá: “Un concello non é o xoguete de ninguén. Levar seis meses sen convocar un pleno é unha estratexia deliberada para evitar o control político, evitar dar explicacións e agochar a incapacidade de xestión deste goberno”.
Roberto Díaz urxe á alcaldesa a retomar a convocatoria normal dos plenos e explicar publicamente os motivos de non convocar as sesións de xaneiro, marzo e maio. Ademais, no caso de persistir na mesma situación, o voceiro popular confirma que “non descartamos acudir a instancias superiores para recuperar a normalidade democrática no Concello de Lourenzá”.






















Participarán mozos e mozas intérpretes de ata 18 anos e agrupacións con integrantes de ata 25, procedentes dos municipios do Eixo Atlántico. A programación inclúe concertos didácticos, actuacións abertas ao público e as probas do certame, que se desenvolverán no Auditorio Municipal, na Praza da Constitución e no Conservatorio Profesional de Música. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o impacto cultural e dinamizador do evento para Vilalba. O domingo celebrarase a final e a entrega de premios, aberta ao público.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.
As persoas interesadas en rexistrar documentos para esta ou para calquera outra administración poderán dirixirse á Delegación de Pesca, situada na avenida Gerardo Harguindey Banet, en Celeiro, ou utilizar calquera outro rexistro administrativo habilitado, así como a sede electrónica. A biblioteca municipal permanecerá aberta no seu horario habitual.
Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.



