O senador mariñán, José Manuel Balseiro, condena “o abandono e a falta de mantemento” e advirte da “falta de peso do PSOE focense” toda vez que “aseguran que levan tempo con este tema, o que evidencia que non lles fan caso”
Foz, 21 de maio de 2026. O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non asume ningún compromiso para actuar na desembocadura do río Ouro, na zona da Pampillosa, en Foz”. Ante a resposta oficial do Goberno do Estado ás preguntas formuladas polos senadores do PP lucense – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- a petición do PP de Foz, “entendemos que o Goberno de España non previsto ningunha actuación”.
A desembocadura do río Ouro, un dos máis importantes da Mariña, atópase taponada pola acumulación de pedras e sedimentos que impiden a correcta evacuación da auga cara ao mar. De feito, embalsa río arriba incrementando o risco de desbordamentos que poidan provocar danos ás persoas e infraestruturas próximas ao río. E sae ao mar polo medio dunha escollera que se pode ver debilitada pola acción da auga.
Os populares lembran que “levamos anos reclamando a dragaxe da desembocadura do río sen que nos fixeran caso” e advirten da “gravidade” deste asunto porque “estamos ante un posible delito ecolóxico nunha zona de marismas e desembocadura dun río onde debe haber un contacto natural entre o mar e o río”, segundo matiza o portavoz do PP local, Javier Castiñeira.
O senador mariñán José Manuel Balseiro condena “o abandono e a falta de mantemento da desembocadura do río Ouro” e sinala a confluencia de máis deficiencias na zona: o desvío do río por outro canal diferente, o tubo do emisario á vista, a falta de mantemento do paseo e de limpeza na praia que permita dotar á zona dun areal aproveitable e dun espazo seguro. Balseiro tamén subliña que “pode haber enchentes ou outros problemas que afecten ás vivendas e outras propiedades situadas á beira do río”.
O senador popular afea “a falta de peso do PSOE de Foz” despois de que a portavoz socialista do goberno asegurara que “levaban moito tempo co tema” porque, de ser así, “o que demostran é que os seus compañeiros do PSOE no Goberno do Estado non lle fan caso aos socialistas de Foz”.
Os populares urxen ao Goberno de Sánchez a actuar, pero tamén reclaman “actuacións periódicas para garantir o correcto estado da desembocadura do río Ouro ao longo do tempo”.






















Participarán mozos e mozas intérpretes de ata 18 anos e agrupacións con integrantes de ata 25, procedentes dos municipios do Eixo Atlántico. A programación inclúe concertos didácticos, actuacións abertas ao público e as probas do certame, que se desenvolverán no Auditorio Municipal, na Praza da Constitución e no Conservatorio Profesional de Música. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o impacto cultural e dinamizador do evento para Vilalba. O domingo celebrarase a final e a entrega de premios, aberta ao público.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.
As persoas interesadas en rexistrar documentos para esta ou para calquera outra administración poderán dirixirse á Delegación de Pesca, situada na avenida Gerardo Harguindey Banet, en Celeiro, ou utilizar calquera outro rexistro administrativo habilitado, así como a sede electrónica. A biblioteca municipal permanecerá aberta no seu horario habitual.
Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.



