Ribadeo, 21 de maio, 2026. Unicaja e a Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo formalizaron un acordo de colaboración co obxectivo de apoiar e fortalecer a actividade do tecido comercial local.
Esta alianza facilitará ás persoas asociadas o acceso a un catálogo específico de produtos e servizos financeiros e non financeiros adaptados ás súas necesidades, incluíndo solucións de financiamento, liquidez e investimento orientadas a mellorar a xestión dos seus negocios e reforzar o seu crecemento.
A oferta de Unicaja estará dispoñible tanto a través da súa ampla rede de oficinas como dos seus canais dixitais, deseñados para responder ás demandas específicas de pemes e autónomos.
O acordo foi asinado pola directora de Asturias Oeste e Sur de Unicaja, Ana María Lorenzana, e, en representación de Acisa, pola súa presidenta, Carmen Cruzado.
Desde Unicaja, a directora de Asturias Oeste e Sur destacou “el firme compromiso” da entidade “con el desarrollo económico y social de los territorios en los que estamos presentes, como Ribadeo, que es un municipio estratégico por su condición de punto de conexión entre Galicia y Asturias y el relevante papel de motor comercial de su puerto”. Engadiu tamén que “apoyar a la Asociación de Comerciantes Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo supone para nosotros contribuir directamente al fortalecimiento del tejido comercial local y al impulso de iniciativas que generan empleo y riqueza en el entorno, fijando así población y consolidando un modelo de desarrollo sostenible y cercano”.
Pola súa parte, a presidenta de Acisa sinalou que “estamos satisfechos de seguir firmando convenios que supongan condiciones ventajosas para nuestras asociadas y asociados, que les aporten y que les ayuden en su día a día. Nuestro tejido empresarial es muy importante, aglutinamos a 170 empresas, y queremos seguir ofreciéndoles más servicios de interés”.
Aposta de Unicaja polo tecido empresarial
A empresa en xeral, e a peme en particular, continúan sendo colectivos clave na política de financiamento de Unicaja, tal e como recolle o seu Plan Estratéxico 2025-2027. Por iso, a entidade traballa para ofrecer a comerciantes, autónomos e empresarios, mediante unha atención omnicanal, as solucións financeiras máis axeitadas ás súas necesidades.
A Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo foi fundada en 1989 e conta con 170 persoas asociadas.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



