A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Eduardo Vidal destacan a utilidade desta canle directa coa veciñanza para mellorar os servizos municipais e axilizar a resolución de incidencias
Vilalba, 22 de maio de 2026.O Concello de Vilalba fixo balance do funcionamento da aplicación Liña Verde, a ferramenta de comunicación directa coa veciñanza que permite trasladar incidencias relacionadas cos servizos municipais e realizar consultas ambientais de maneira rápida e sinxela.
Desde a súa implantación, o sistema experimentou un notable incremento da participación cidadá, o que permitiu reforzar a detección de problemas e actuar con maior axilidade en numerosos puntos do municipio.
Ata o momento, o Concello solucionou 8.162 incidencias comunicadas pola veciñanza, acadando unha taxa de resolución do 75% dos avisos recibidos.
As incidencias máis habituais están relacionadas coa iluminación pública (61% das comunicacións), seguidas das vinculadas a beirarrúas, rúas e estradas (15%). Tamén se rexistran avisos sobre recollida do lixo, rede de sumidoiros e auga, así como sobre parques e xardíns.
Declaracións do goberno municipal
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “Liña Verde converteuse nunha ferramenta moi útil para mellorar a comunicación directa coa veciñanza e para poder actuar de forma máis rápida e eficaz sobre moitas incidencias do día a día”.
Rouco subliñou ademais que “este sistema permite ao Concello coñecer necesidades e problemas concretos en distintos puntos do municipio practicamente en tempo real, mellorando así a capacidade de resposta dos servizos municipais”. A rexedora puxo tamén en valor “a implicación da veciñanza á hora de utilizar esta ferramenta e colaborar na detección de incidencias que contribúen a mellorar o estado dos espazos públicos e os servizos municipais”.
Pola súa parte, o concelleiro de Servizos Públicos Municipais, Eduardo Vidal, explicou que “a aplicación facilita unha xestión moito máis organizada das incidencias e permite facer un seguimento máis eficaz da súa resolución”. Vidal engadiu que “a maior parte das comunicacións están relacionadas coa iluminación pública e co mantemento viario, cuestións fundamentais no día a día e nas que se está realizando un importante esforzo de mellora”.
Como funciona Liña Verde
A través da aplicación, a veciñanza pode comunicar incidencias directamente desde o móbil, achegando unha fotografía e a localización exacta do problema detectado. Unha vez enviado o aviso, os servizos municipais reciben automaticamente a notificación para iniciar a tramitación e posterior resolución. O usuario pode ademais consultar en tempo real o estado da incidencia.
A aplicación pode descargarse de forma gratuíta en Google Play e App Store, seleccionando posteriormente o municipio de Vilalba.
Desde o Concello animan á cidadanía a seguir empregando esta ferramenta como canle directa de colaboración para continuar mellorando os servizos públicos e o estado do municipio.


















Participarán mozos e mozas intérpretes de ata 18 anos e agrupacións con integrantes de ata 25, procedentes dos municipios do Eixo Atlántico. A programación inclúe concertos didácticos, actuacións abertas ao público e as probas do certame, que se desenvolverán no Auditorio Municipal, na Praza da Constitución e no Conservatorio Profesional de Música. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o impacto cultural e dinamizador do evento para Vilalba. O domingo celebrarase a final e a entrega de premios, aberta ao público.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.



