Madrid, 26 de maio, 2026. O senador socialista César Mogo acusou ao PP de Lugo de “volver utilizar o Senado para facer un teatro do absurdo”, ao defender unha iniciativa sobre o proceso de planificación eléctrica da provincia “cando o procedemento aínda está aberto, é só unha proposta, non é definitivo e o Goberno xa se amosou receptivo ás alegacións que propoñen modificar o documento inicial e reforzar a capacidade eléctrica da provincia”.
Mogo cualificou a iniciativa de “inútil”, ao considerar que, mesmo que o PP a aprobe coa súa maioría absoluta, “non obriga a nada ao Goberno, como todo o mundo coñece”.
O senador criticou tamén a postura da Xunta, asegurando que a conselleira de Industria “pasou en pouco tempo de dicir que estaba razoablemente satisfeita coa proposta do Goberno a afirmar que discrimina Galicia enteira”. Ao seu xuízo, “tocáronlle a corneta desde arriba e, en lugar de optar pola coherencia, corrixiu o rumbo para atacar ao Goberno, que é o único que lles importa”.
Mogo defendeu que o Executivo central está a desenvolver o proceso de aprobación da nova planificación eléctrica —cun investimento “inédito, superior aos 13.000 millóns de euros”— con “total transparencia”, estudando miles de alegacións e achegas do sector e das administracións, e “con plena receptividade cara á provincia de Lugo”. Por iso, considera “incomprensible” a iniciativa do PP, “máis aínda cando se debate poucos días despois de que Altri anunciase o recurso ao arquivo do seu proxecto rexeitado. Non puideron escoller peor momento”.
O senador lembrou que Galicia leva 45 anos con competencias exclusivas en política industrial e afirmou que, se a industria galega non está ao nivel que merece, “é porque a Xunta fracasa unha e outra vez con megaproyectos que non se consuman”. Engadiu que, entre 2019 e 2025, “o Goberno de España investiu máis de 2.000 millóns de euros en proxectos vinculados á industria en Galicia”.
Mogo acusou os senadores do PP de utilizar o Parlamento “non para atender aos intereses reais da provincia, senón para aparecer nos medios e pronunciarse sobre decisións que nin sequera están tomadas”. Concluíu asegurando que “todo isto é un absurdo”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



