Viveiro, 27 de maio, 2026. O Concello de Viveiro e o PSOE local coinciden en salientar a importancia da colaboración institucional para facer realidade a remodelación da Praza de Abastos, un proxecto estratéxico para o municipio que avanza grazas ao compromiso da Deputación de Lugo.
A voceira socialista, María Loureiro, anunciou que a Deputación aprobará na súa Xunta de Goberno unha achega de 248.000 euros destinada a completar o financiamento da actuación. Esta contribución súmase aos 320.000 euros achegados pola Xunta de Galicia a través da liña de axudas para mercados e aos 200.000 euros solicitados ao GALP, que están pendentes de resolución. En total, o investimento previsto ascende a 768.000 euros.
Loureiro lembrou que o Grupo Socialista xa advertira no último pleno municipal da vontade da Deputación de colaborar, desmentindo así o relato difundido polo goberno local nas redes sociais. Subliñou que, mesmo desde a oposición, o PSOE continúa traballando para atraer investimentos a Viveiro, porque “o importante é a veciñanza e que o concello siga avanzando”.
A voceira socialista destacou tamén a responsabilidade institucional da presidenta da Deputación, quen —afirmou— mantén unha actitude colaboradora con Viveiro independentemente da cor política do goberno municipal. Comparou esta disposición coa da Xunta en anos anteriores, asegurando que non percibiu a mesma implicación cando a actual alcaldesa ocupaba cargos territoriais no goberno autonómico.
Pola súa banda, o Concello de Viveiro expresou o seu agradecemento á Presidencia da Deputación polo apoio mostrado, valorando moi positivamente unha achega que permite completar o financiamento dun proxecto prioritario para a vila. O goberno local puxo en valor o traballo da alcaldesa, Mariña Gueimunde, quen mantivo varias reunións coa Vicepresidencia e a Presidencia da Deputación para trasladar a importancia desta actuación.
O Concello subliña que a colaboración entre administracións é esencial para impulsar proxectos desta envergadura, que contribúen a mellorar servizos, reforzar a actividade económica e revitalizar espazos clave para a vida social e comercial de Viveiro.
Tanto o PSOE como o goberno municipal coinciden en que esta achega extraordinaria se suma ao apoio continuado da Deputación, que xa destina arredor de 600.000 euros anuais ao municipio a través do Plan Deputación, ademais de convenios para eventos e actividades locais.
Finalmente, o PSOE de Viveiro reafirma o seu compromiso de seguir traballando polo municipio desde a oposición, mentres que o Concello manifesta a súa vontade de continuar impulsando proxectos estratéxicos que respondan ás necesidades da veciñanza e contribúan ao avance de Viveiro.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



