Galiza forma parte dun Estado que viviu os últimos séculos, ata ben entrada a segunda metade do século XX, en loita cáseque permanente coa Modernidade. Un feito de extraordinaria transcendencia porque determinou que o noso país vivirá de costas aos cambios e transformacións que caracterizaron a este período histórico. Isto, xunto coa nosa posición periférica, acabou frustrando o noso desenvolvemento e agravando a nosa situación de dependencia e a nosa febleza como pobo, propiciando que Galiza seguirá a vivir un longo tempo baixo as pesada lousa do atraso e das caducas estruturas do Estado, nuns tempos, caracterizados polas transformacións e os avances en todos os eidos.
Así, na maioría dos países da nosa contorna, os axentes modernizadores acabarían consolidando a súa posición dominante, de tal xeito, que as ideas semellaban capaces de facerse mundo, mentres o pasado, iria pouco a pouco esmorecendo como criterio orientador das sociedades europeas. Ao tempo que isto acontecía, o ser humano ía tamén emerxendo como un individuo que tomaba conciencia de si mesmo e da realidade na que vivía. Xurdía así por primeira vez na historia un ser creador e transformador, consciente de que o mañana non tiña porque ser o froito de circunstancias casuais senón dunha deliberada decisión humana. Nesta crenza enraíza a forza da Modernidade.
Mentres isto ocurre en Europa, a sociedade galega, pola contra, segue totalmente vinculada ao pasado e na que o protagonismo individual estivo practicamente ausente, de tal maneira, que non eran as súas xentes as que de forma autónoma elixían o seu destino senón que este era imposto por forzas externas ao propio individuo. En definitiva, o baixo grado de individuación das nosas xentes, a nosa fonda relación de dependencia en todos os eidos, xunto coa nosa relación periférica impediría que as nosas xentes tomara nas súas mans o protagonismo histórico que os tempos demandaban para afrontar o proceso modernizador do país.
Só, xa moi avanzada a segunda metade do século XX, nuns casos por imposición e noutros por simple mimetismo pero raramente por auténtica convición, aparecerían as primeiras influenzas modernizadoras que máis que xerar progreso, supuxeron no maioría dos casos unha navallada á nosa identidade, que deixaría unha fonda pegada no futuro desenvolvemento do país.
En definitiva, na Galiza, por razóns fundamentalmente de dependencia política, nunca se deron as condicións axeitadas para que esta abranguera a Modernidade e poidera facela súa xa que, pola razón devandita, os intereses dominantes resultaban alleos aos auténticos intereses do país.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



