José Manuel Gómez Puente lembra que a lei obriga a todas as administracións e particulares a manter as propiedades limpas para garantir a seguridade
Barreiros, 30 de maio de 2026. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros instan á alcaldesa a iniciar de xeito inmediato os traballos de desbroce e limpeza das propiedades municipais para “dar exemplo a todos os veciños e así realizar unha campaña de concienciación en materia de prevención de incendios”.
O voceiro municipal, José Manuel Gómez Puente, explica que moitas das propiedades do Concello “están nun estado de abandono preocupante, con acumulación de herbas, maleza e vexetación sen limpar”.
José Manuel Gómez Puente sinala que o propio Concello “debe ser o primeiro en actuar para, logo, poder pedir responsabilidade ao resto da veciñanza”. “Cómpre comezar os desbroces xa, para dar exemplo dende a administración local a todos os veciños e veciñas de que temos que ser responsables e manter en bo estado as nosas propiedades”, explicou.
O obxectivo é minimizar o risco de incendios ante a proximidade das épocas de maior perigo. O mantemento destas zonas non é só unha cuestión estética, senón unha medida de seguridade pública esencial para a protección das vivendas e do patrimonio natural do municipio.
O voceiro popular lembra que a normativa vixente é moi clara ao respecto: “a lei sinala que todos os propietarios, tanto privados coma públicos, teñen a obriga de manter en bo estado de mantemento as súas propiedades, o que inclúe a limpeza da vexetación biomasa”.
“Non se lle pode esixir aos particulares que cumpran cos prazos de limpeza se o Concello permite que as súas propias fincas sexan un foco de sucidade e un perigo potencial”, afirmou.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



