A Mariña, 1 de xuño de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) para este 2026, abrindo un novo período de adhesión dirixido ás empresas e servizos turísticos da comarca. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de xuño.
A adhesión ao SICTED na Mariña é totalmente gratuíta e contempla a realización de catro seminarios formativos e diversas visitas individualizadas para os establecementos participantes. As prazas estarán limitadas por sectores para garantir unha representación equilibrada dos servizos adheridos.
As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa adhesión deben contactar a través do correo electrónico turismo@amarinalucense.gal ou no teléfono 654 089 894. Está previsto que o proceso para as novas empresas adheridas comece cunha formación presencial o día 16 de xuño máis unha visita individual tamén durante o mes de xuño para logo retomar o traballo durante os meses de setembro e outubro.
Na actualidade a Mancomunidade conta con 39 servizos turísticos adheridos dos sectores do aloxamento, restauración, guías, oficinas de turismo, museos, artesáns e turismo activo. Esta nova convocatoria supón un paso máis no compromiso de creación dun sector turístico diverso e de calidade. Nesta liña, a Mancomunidade abre o acceso a novos servizos, convidando tamén a experiencias agroturísticas, taxis turísticos e empresas de alugueiro de vehículos da Mariña a formar parte deste sistema, que tamén sumará novas marcas en categorías xa presentes.
Calidade e sostibilidade
Este novo avance no SICTED na Mariña desenvólvese ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, “e ten como obxecto principal sumar esforzos dos diferentes axentes e empresas que participan no sector turístico da Mariña, para traballar conxuntamente pola calidade, un turismo responsable e a mellora do destino”, en palabras da presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López.
Este ano ademais o SICTED, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), co apoio da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), trae interesantes novidades. Logo de 25 anos de traxectoria, renóvase para adaptarse á evolución do sector turístico e aos novos retos do modelo turístico español. O programa pasa a definirse como Sostibilidade, Intelixencia e Calidade Turística no Ecosistema do Destino, avanzando cara a un modelo de turismo máis responsable que integra a calidade coa sostibilidade e co uso de ferramentas tecnolóxicas avanzadas.
Nesta nova etapa, o SICTED mantén a calidade como eixo fundamental da competitividade turística, incorporando ademais a sostibilidade nas súas dimensións económica, social e ambiental. O obxectivo é reforzar o papel dos destinos e das pequenas empresas turísticas dentro do ecosistema turístico español, ofrecendo ferramentas máis útiles, flexibles e adaptadas ás necesidades reais do sector.
Entre as principais novidades destaca o cambio de denominación do distintivo, que pasa de Compromiso de Calidade Turística a Compromiso de Turismo Responsable. O programa incorpora tamén unha nova plataforma dixital con intelixencia artificial, simplifica os procesos de avaliación e amplía a vixencia do distintivo de dous a tres anos. Así mesmo, adapta os seus manuais á Estratexia de Turismo España 2030 e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).O novo enfoque foi presentado o pasado 15 de abril durante o XVII Foro SICTED e marca o inicio da implantación do novo modelo nos destinos turísticos.





















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



