É nos anos setenta do século pasado cando principia unha progresiva desindustrialización nos países desenvolvidos. Este feito vai supoñer todo un cambio de modelo económico.
Por unha banda, acelérase as privatizacións e pola outra, aparecen en escena os chamados países emerxentes que, entre outras cousas, van aportar ao mundo capitalista unha inxente cantidade de man de obra moi barata e con escasos dereitos laborais.
Todo isto acabará dando lugar a un trasbordo de gran parte do sector industrial dende os países desenvolvidos aos países emerxentes, o que xerou nos primeiros un enorme baleiro laboral e un drama social de consecuencias devastadoras. En definitiva, a clase obreira pasaría a ser sacrificada no altar da globalización co pretexto de que, en tal situación, non hai outra alternativa .
Para a clase dominante está masacre da clase obreira era o precio que había que pagar para adaptar as economías occidentais á nova situación de globalización económica, que se compensaría coa tercerización da economía nos países desenvolvidos, multiplicando os empregos cualificados e, xa que logo, mellor remunerados. Pero estas anunciadas melloras, o que acabaron traendo foron millóns de empregos precarios no sector servizos e que daría lugar a Unha nova clase que coñecemos co nome de precariado (baixos salarios, emprego descontinuo, ausencia de identidade social e un futuro incerto).
Todo isto acabou coa descomposición da vella orde baseada na economía produtiva, para emerxer algo novo ao servizo das elites. Un tinglado financeiro e especulativo que polo de agora, ademais do empobrecemento de amplas camadas sociais e do obsceno enriquecemento dunha minorías, tróuxonos un aumento escandaloso das desigualdades, ademais de graves consecuencias políticas que empezaron co Brexit en Reino Unido e seguiron coa aparición do Trumpismo e a emerxencia da ultradereita en Europa. A isto hai que sumar a enorme crise na que se encontran os partidos tradicionais que foron considerados, con razón, cómplices deste novo desorde social e político que estamos a vivir.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



