A cita, con acampada e entrada de balde, celebrarase o vindeiro 18 de xullo na parroquia ourelá de Bravos, cun cartel que estará formado pola Banda da Balbina, Sabela, Vimbio, Pandereiteiros do Inferno e Tumba e Dálle
Lugo, 3 de xullo de 2026. O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, xunto ao Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e membros da Asociación Cultural Aturuxeiros, participou na presentación da décimo cuarta edición do Festival Aturuxo de Bravos. O evento, que se celebrará o vindeiro 18 de xullo nesta parroquia ourealá, reunirá a artistas consagrados do panorama musical galego co apoio da Deputación de Lugo.
Francisco Cajoto felicitou á organización por consolidar unha cita que definiu como un importante revulsivo económico e un referente cultural na Mariña. “O Aturuxo non é só unha cita musical, senón a demostración de que os grandes proxectos non dependen do tamaño dun lugar, senón da capacidade das persoas para traballar xuntas por un obxectivo común”, sinalou destacando ademais o labor desinteresado e continuado de todas as persoas implicadas en cada edición.
O Deputado lembrou que a institución provincial renova o seu compromiso con esta cita á que achega preto de 21.000€, para financiar distintos aspectos da organización do festival, como a contratación de bandas musicais, a instalación do escenario e do equipamento de son, así como outras necesidades loxísticas, entre elas a colocación de aseos e o alugueiro de carpas. Segundo indicou Cajoto, “trátase dunha colaboración que encaixa perfectamente cos valores nos que cremos, porque para nós apoiar este festival, é apoiar a cultura galega, o asociacionismo, a participación veciñal e o futuro do noso rural”.
Con motivo da presentación do cartel, a organización celebra este sábado pola tarde, ás 19:30 horas, un acto especial no espazo cultural Sacabeira, na contorna de Sargadelos, que servirá tamén para quentar motores de cara ao festival cun concerto do grupo Aló Vai, ademais de sorteos e unha comida popular.
O Festival Aturuxo consolídase así como un espazo de encontro interxeracional que aposta pola música en galego, combinando xéneros como o folk, o rock e outros estilos contemporáneas, e contribuíndo a dinamizar a vida cultural do rural da comarca Mariñá e do conxunto da provincia de Lugo.
Recoñecidos artistas e bandas do panorama galego
O cartel do Festival Aturuxo de Bravos inclúe na súa décimo cuarta edición a actuación de cinco artistas e bandas de renome do panorama galego. Deste xeito, tocarán os grupos da Banda da Balbina, Sabela, Vimbio, Pandereteiros do Inferno e Tumba e Dálle. O festival contará con acampada e entrada de balde, e terá lugar o 18 de xullo na parroquia de Bravos, no Concello de Ourol.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



