A Mariña, 15 de xuño, 2026. A CIG-Saúde considera que o peche de 36 camas durante os meses de xullo, agosto e setembro no Hospital da Mariña carece de calquera xustificación técnica e responde unicamente, ao seu xuízo, “a unha política de recortes do Partido Popular que busca o desmantelamento da sanidade pública na comarca”.
Desde a federación da CIG afirman que esta medida forma parte dun conxunto de actuacións coas que o PP estaría a deteriorar o sistema sanitario público “en beneficio do gran capital e da medicina privada das grandes cidades; unha ofensiva recentralizadora que afasta, en vez de achegar, a sanidade pública á cidadanía”.
A escusa da falta de profesionais de enfermaría
A dirección do hospital xustifica o peche pola falta de persoal de Enfermaría, unha situación que, segundo a central sindical, foi xerada pola propia xestión do centro e denunciada desde 2019. “O persoal de enfermaría marchou a territorios como Asturias ou Euskadi en busca de estabilidade laboral”, sinalan.
A CIG-Saúde leva anos reclamando contratacións dignas: contratos estábeis, carteleiras fixas, dereito a vacacións e protección laboral ante enfermidade ou accidente. Porén, aseguran que a dirección ignorou estas demandas e negou que a marcha de profesionais tivese causas laborais, atribuíndoa a motivos persoais. “Se non hai o persoal necesario, a única responsábel é a dirección polas súas políticas de contratación precarias”, afirman.
Consecuencias para pacientes e profesionais
O peche de camas, segundo a CIG-Saúde, terá un impacto directo nas persoas doentes, incrementando as derivacións ao HULA por falta de prazas en Burela. Isto suporá desprazamentos innecesarios e malestar entre pacientes e familias.
Ademais, alertan de que estas medidas aumentarán as listas de espera e favorecerán as derivacións á sanidade privada para cumprir os prazos da Lei de Garantías: 60 días para intervencións cirúrxicas e 45 para consultas ou probas diagnósticas.
Tamén haberá consecuencias para o persoal, que será desprazado a outras unidades. “Os calendarios laborais que tiñan asignados decaen, tirando pola borda toda a planificación persoal para xullo, agosto e setembro. Isto xera indignación e incrementa o desexo de abandonar o Hospital da Mariña”, denuncian.
No verán tamén se enferma
A CIG-Saúde lembra que a actividade asistencial non pode diminuír no verán, xa que a poboación da costa se duplica e os concellos do interior tamén reciben centos de visitantes. “As persoas tamén enfermamos no verán”, subliñan.
Conclúen que “pechar camas e reducir actividade non é boa xestión, senón unha medida de aforro económico que privará a mariñaos e mariñás dunha atención sanitaria de calidade durante o verán”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



